A intelixencia e o home

Os seres humanos somos a especie máis intelixente do planeta. Chegamos a grandes logros en todos os aspectos da vida os que non chegou outra especie. Sen embargo para conseguir a nosa situación actual no mundo, é necesario un cerebro o cal consume máis do 50% da enerxía  que obtemos o día. Pero, cómo chegamos a desenrolar esa intelixencia superior? Pois ben, existen múltiples explicación acerca de cómo chegamos a o noso estado actual, pero ningunha está aceptada como verdadeira ó 100%. O que si está claro é que foi necesario aprender a empregar o lume o cal favoreceu o desenvolvemento da nosa especie e nos axudou a crear novos utensilios e con eles a aumentar a nosa intelixencia.

Os seres humanos foron os primeiros animais que non fuxiron do lume, senón que sentiu curiosidade e incluso chegaron a dominalo.

O lume foi quizais o descubrimento feito polo home máis importante na historia. Sucedeu co Homo erectus aproximadamente hai entre 1,8 e 1,5 millóns de anos. Os primeiros restos atopados nos que se aprecia a utilización do lume datan de fai 1,5 millóns de anos na China. En Europa os restos máis antigos atópanse en Francia hai 1,2 millóns de anos, pero este xa era controlado.

homo erectus

O principio, o home observa as fontes naturais do fogo e despois conséguese o fogo destas fontes e utilízase para quentarse, iluminar e como protección fronte os depredadores. Máis tarde aprendeu como facer fogo e finalmente a controlalo para distintas aplicación. Grazas a el, puidemos comezar a cociñar os alimentos e así contraer menos enfermidades, ademais de permitirnos manter  a nosa temperatura corporal e así protexernos dos duros invernos, entre outras miles de aplicacións máis que se lle foi dando co paso do tempo ata a actualidade, como é o caso das centrais térmicas o a combustión dos combustibles fósiles.

Outra aplicación derivada do lume foi o emprego do barro. Os homes primitivos observaron que a terra do redor das fogueiras endurecíase. Así comezou a moldear e logo mediante a cocción sobre o lume, conseguiron vasos, cántaros e demais recipientes que lle permitían transportar a auga ata outros lugares afastados do río.

Non se coñece aínda como foi o descubrimento do fogo polo home pero todos os indicios apunta a que foi un feito accidental como a caída dun raio ou a erupción dun volcán. Tras este feito, comezaría un longo e complexo proceso de ensaios es estratexias para crear e manter o lume, ademais de aprender a evitar que se producisen incendios. Tamén é posible que durante as primeiras xeración, o lume obtido de maneira natural se perdese varias veces polo que había que esperar a volver a obtelo de maneira natural ou pedirllo a outra tribu. A raíz da necesidade de manter o lume nomeáronse gardas do lume que eran castigados se o perdían.


Crese que o primeiro método de prendido foi frotando unha punta de pau seco sobre un mesmo punto dunha madeira seca. Outra forma consistía en fretar unha liana nunha ranura na madeira. O máis común foi o primeiro. Tamén se logrou prender mediante chispas grazas a golpes entre dúas pedras que contiñan pirita de ferro.

Cando o home prehistórico logrou acender o lume, dominou un dos elementos que máis ía servir no avance da civilización.

Ó lume non se lle acabou de dar aplicacións nin sequera na actualidade, e o que me pregunto é: Qué sería do home sen o lume?

 Curiosidades:

Evolución do cerebro humano. Na páxina tendencias 21, revista electrónica con noticias sobre novidades en ciencia.

Evolución do ser humano. Estado actual. Artigo elaborado para a Páxina web monografías.com sobre diversos temas

Artigo Primeiros restos da utilización do lume. Na revista dixital sudamericana Infobae.com

 Como facían lume? Na páxina de divulgación Evoluciona.org elaborada polo Instituto Catalán de Paleobioloxía Humana e Evolución Social

 Aplicacións do lume. Da páxina latinoamericana educar.org Comunidades virtuais de traballos colaborativos, páxina con contidos con licencia creative commons.

 Fontes de información:

- Información sobre o descubrimento do lume: no Portal de Ciencia portal planeta sedna: blog personal arxentino con bibliografías e información sobre a historia e ciencia.

Inventos más importantes. Da páxina latinoamericana educar.org Comunidades virtuais de traballos colaborativos, páxina con contidos con licencia creative commons.

Conceptos de física. Blogue persoal con información dos ámbitos físicos e científicos. Aplicacións do lume.

La evolución del hombre. Artigo elaborado para a Páxina web monografías.com que recolle traballos sobre diversos temas.

Tendencias21: tendencias científicas. Revista electrónica independiente con noticias sobre novidades en ciencia.

Entrada elaborada no curso 12-13 por David Piñeiro López

 

Tags: , , ,