Adianto ou atraso? Beneficio ou tortura?

  As células nai ou stem cells son células non especializadas que poden dar lugar a calquera tipo de célula, tecido ou órgano. Ademais, sometidas a certas condicións fisiolóxicas ou experimentais, teñen a capacidade de converterse en células con funcións especiais.

  Un tipo de células nai adultas son as células nai do cordón umbilical. Estas atópanse no corpo dos seres vivos durante toda a vida, pero a súa calidade empeora co paso do tempo debido a perda de plasticidade ó irse dividindo, supoñendo unha baixada da súa capacidade reparadora e auto rexenerativa. Por esta razón, e co obxectivo de manter a posibilidade de tratar unha enfermidade dos fillos, é o momento do nacemento dos rapaces unha oportunidade única para extraer e conservar as células nai do cordón umbilical.

Existen células nai da sangre do cordón umbilical, coñecidas co nome de Hematopoyéticas (HSCs) e células nai do tecido do cordón umbilical, chamadas Mesenquimales (MSCs). As primeiras, é dicir, as células nai sanguíneas, son as responsables de constituír as diferentes células do sistema inmune e sanguíneo; tales como os glóbulos brancos; que combaten enfermidades, os glóbulos vermellos; que transportan osíxeno, e as e plaquetas; que coagulan a cicatrizan feridas. As segundas teñen a capacidade de diferenciarse en órganos,  -ósos, fígado e páncreas- tecidos, –cartilaxinoso e muscular- células –neuronas- e graxa, ademais de poder rexenerar tecidos danados

imagen

   Como xa se mencionou anteriormente, as células nai obtidas do cordón umbilical ofrécennos a posibilidade de curar e tratar enfermidades debido a que poden converterse en diferentes tipos de células especializadas. Estás son dúas das súas vantaxes, pero teñen máis; non existe risco nin para nai nin para o bebé na súa obtención, ademais de non destruírse ningún embrión,  estas non conteñen virus nin ningún outro factor que poida desenvolver unha enfermidade, posúen unha esperanza de vida superior ós quince anos e hai unha maior concentración de células nai no cordón umbilical que na mesma porción de medula ósea. Por si fora pouco, a súa dispoñibilidade é inmediata, e estas son 100% compatibles co bebé e mais cos seus familiares cas da medula ósea.

  Estes beneficios por parte das células nai do sangue do cordón umbilical foron empregados por científicos da Universidade de Granada, en colaboración coa de León, como terapia para o tratamento de enfermidades hepáticas, xa que as células mononucleares (un só núcleo) do sangue do cordón umbilical (MSCUH) son susceptibles de aniñar no fígado tras realizar un xenotrasplante de humano a rata, no cal as células MSCUH foron inxectadas a través da vena porta de ratas con hepatites experimental producida por unha inxección de D-galactosamina.

  Os científicos explicaron que o transplante celular realizado nas ratas deu lugar a unha mellora no dano das composicións e das estruturas dos tecidos orgánicos  e na función do fígado. Con isto demostrouse que as células sanguíneas do cordón umbilical son unha alternativa eficaz á medula ósea.

   O desenvolvemento deste tipo de alternativas para curar a enfermidade hepática terminal xorde como consecuencia da escaseza da procedementos para tratar ós afectados. Na actualidade, practícase o transplante de fígado, pero son poucos os doadores, o cal limita a acción. Ademais, os pacientes que sofren complicacións da enfermidade, como a fibroses, non teñen un tratamento específico.

  Este vídeo, explica dunha maneira máis amena e entretida, o proxecto levado a cabo pola Universidade de Granada e León:


 Na actualidade, aplicouse a ética ás ciencias da vida (o que se coñece co nome de bioética). Isto creouse co obxectivo de protexer os dereitos humanos, a dignidade do ser humano e establecer un control nas investigacións co fin de poder examinar as aplicacións da medicina e da bioloxía. Todos estas normas ou garantías (dereito a coñecer os riscos, contar co propio consentimento, protección de datos, etc.) favorecen ós cidadáns. Pero, que pasa cos animais? Xa que a eles non os protexen leis nin teñen a oportunidade de elixir, consideras ético que poidan ser utilizados en experimentos? Ou pola contra, crees que é xusto porque se non se faría o mesmo coas persoas?

  • As miñas fontes de información consultadas para elaborar este post foron:

-  Unha web informativa escrita por científicos interesados neste tema, que recibe o nome de células madre.

- Unha páxina sobre o banco de conservación de células nai do cordón umbilical, chamada crio·cord.

- A  primeira axencia pública de ámbito estatal, con contidos creative commons, coñecida como SINC.(Servicio de información e noticias científicas)

- Un artigo da revista dixital  globedia, publicado nun blog persoal.

- O vídeo foi publicado polo canal UGR (Universidade de Granada)

Entrada elaborada no curso 12-13 por Nuria Serodio González

 

Tags: , ,