Quen mellor compatible ca min?
Cando falamos de clonación en animais ou en seres humanos, é importante saber as diferenzas entre clonación reprodutiva e clonación terapéutica. Ambas as dúas inicialmente utilizan os mesmos métodos , pero o obxetivo final é totalmente distinto.
Existen moitas opinións en contra da clonación de humanos, é unha postura comprensible, pero estaría resolto o problema se fose posible obter neuronas do paciente, obrigalas a reproducirse no laboratorio e implantarllas posteriormente; con esta especie de auto-doazón. Nos días de hoxe, isto aínda non é factible, o problema é que as neuronas non se reproducen, dito de mellor maneira, hai que “forzalas” tanto para que o fagan que a metade delas morren polo camiño.
O obxectivo da investigación da clonación terapéutica nunca foi o de clonar persoas ou crear bebés de reserva. A investigación ten como obxectivo obter células nai para curar enfermidades.
A clonación terapéutica realízase por tranferencia nuclear dunha célula somática a un ovocito. No lugar de permitir o desenvolvemento do embrión, disgréganse as células nai e obríganas mediante procesos químicos a que se diferencien nun tipo de celulas determinadas.
Esta técnica defínese como a creación de embrións humanos mediante clonación co fin de utilizalos como materia prima en diferentes terapias. No proceso extráese unha célula do individuo ao que se desexa clonar, o único que se necesita é un óvulo sen núcleo onde se produza a primeira célula do clon, por medio dunha descarga eléctica fusiónanse o material xenético e o citoplasma do óvulo e desarrollan no laboratorio un embrión clónico ao que se lle extraerán as celulas nai para a producción do tecido requerido.
España é o cuarto país de Europa e o noveno no mundo en permitir a prática da clonación terapeutica en humanos. As súas ventaxas son, por exemplo, a súa aplicación na terápia xenética, produción de órganos para transplantar, invertigación da causa xenética de determinadas enfermidades, obtención de células para o tratamento de enfermidades mortais, reversión do proceso de célula adulta a célula embrionaria. Pero o incoveniente é que o óvulo co ADN do paciente ao reproducirse non deixa de ser un embrión humano, isto crea moita polémica porque logo de extraer as células nai, destrúese o embión e considérase aborto.
Nesta páxina web móstrasenos unha animación do proceso.
Fontes:
Páxina oficial de El mundo (sección de saude).
Departamento de saúde de Castellón.
Entrada elaborada no curso 12-13 por Eduardo Leitao Rodríguez