A ovella Dolly

En 1977, un equipo de científicos escoceses anunciou o nacemento do primeiro mamífero clónico dun adulto. Tratábase dunha ovella, á que chamaron Dolly, que se converteu en noticia de primeira páxina na prensa mundial. Esta clonación foi obra do escocés Ian Wilmut e do seu equipo de investigadores. Cando os científicos que traballaban no Instituto Roslin de Escocia produciron a Dolly, o único año nado de 277 intentos, o mundo se revolucionou.

Mais, cómo se logrou clonar á ovella Dolly?

Os científicos utilizaron o núcleo da célula mamaria  dunha ovella branca. Tiñan que conseguir ‘reprogramar’ as células mamarias, é dicir, mantelas vivas pero parar o seu crecemento, o que conseguiron alterando o medio de cultivo (unha especie de ‘caldo’ no que se mantiñan vivas as células). Posteriormente, inxectaron as células nun óvulo non fertilizado ao que lle fora extraído o núcleo, e provocaron a fusión de células. Este óvulo non fertilizado, proviña doutra ovella diferente, de cabeza negra.  Despois de que o equipo de investigación conseguise fusionar o núcleo da célula mamaria da ovella branca co óvulo non fertilizado da ovella de cabeza negra, precisaba asegurarse de que finalmente se formaría o embrión. Para iso, cultivárono durante seis ou sete días, para comprobar que o seu desenvolvemento era o correcto, e finalmente implantárono noutra ovella diferente, tamén de cabeza negra.

 imagen

Imaxe da ovella Dolly co seu creador, Ian Wilmut

Dolly foi creada no Instituto Roslin como parte dunha investigación para producir medicamentos no leite dos animais de granxa.

Hoxe en día hai abertos moitos debates éticos acerca da clonación de seres vivos. E vos, que opinades? É aceptable empregar seres vivos clonados para testar neles medicamentos, ou para crear novas especies xa inmunes a determinadas enfermidades?

-Fontes de Información:

Libro de Texto de CCMC para 1º de Bacharelato

Animal Research -  Web de investigadores e científicos sobre a investigación con animales.

Entrada elaborada no curso 12-13 por Andrea Rubio Gómez

 

Tags: ,