A clonación de Dolly.

A clonación é a formación de células, tecidos ou organismos xeneticamente idénticos, mediante reprodución asexual. A ovella Dolly foi clonada polos científicos que traballaban no Instituto Roslin de Escocia. Dolly creouse a partir do núcleo dunha célula mamaria  dunha ovella branca da raza Finn Dorset. Inxectaron as células nun ovocito non fertilizado ao que se lle extraira o seu núcleo e provocaron a fusión das células utilizando impulsos eléctricos.  O ovocito non fertilizado procedía de unha ovella de outra raza. Despois de fusionar os dous  núcleos das células, había que asegurarse de que a célula resultante desenvolveríase ata formar un embrión. Cultivarono durante unha semana para ver se se dividía e se desenvolvía con normalidade, antes de implantalo nunha nai. Formáronse 29 embrións e foron implantados en 13 nais de alquiler, pero soamente un dos embarazos saiu adiante, nacendo así Dolly o día 5 de xullo de 1996, despois de 148 días.

 

imagen

 Dolly permaneceu no Instituto Roslin, onde se reproduciu dando lugar aos seus fillos. Padeceu unha serie de enfermidades: tivo artritis nunha articulación dunha pata traseira e adenomatosis pulmonar ovina. Tivo que ser sacrificada o día 14 de febreiro de 2003, incinerárona. Foi clonada como parte da investigación para producir medicamentos na leite dos animais de granxa.

 

 

Esta información está recollida das seguintes páxinas:

 - Portal planeta sedna   é unha páxina dedicada a un proxecto persoal dedicado as persoas curiosas do planeta que viven sorprendidas ante este misterioso universo e se esforzan día a día para comprendelo un pouco mellor.

AnimalResearch.Info páxina con investigacións de animais.

 

Entrada elaborada no curso 12-13 por Anabel Fernández Canosa

 

Tags: ,