Realidade ou ficción?
A estas alturas, despois de tanto estudar o tema de xenética, todos sabemos perfectamente que o noso ADN é moi complicado, e que contén toda a información que nos define. Na actualidade coa investigación do xenoma humano e o código xenético, a cal fréase debido a diversos factores como as patentes e aos inversores privados, comezan a aparecer no horizonte miles de aplicacións posibles e moi útiles da enxeñería xenética; como poden ser as que xa coñecemos : a produción de fármacos, a terapia xénica, o diagnóstico clínico, os organismos tranxénicos na gandería e na agricultura, a clonación e aplicacións ambientais como a biorremediación e a bioadsorción, pero esta claro que aínda queda moito por investigar e por descubrir… Ata donde podemos chegar con estas investigacións? Podemos chegar a ser discos duros portátiles a través do ADN?
Parece cousa de tolos verdade?
Pois non, é algo que xa se esta a conseguir, posto que científicos do Instituto Europeo de Bioinformática demostraron que é posible gardar textos, imaxes e sons na molécula de ADN. Para demostralo codificaron un artículo científico, unha foto, sonetos de Shakespeare e extractos do discurso de Martin Luther King ”Teño un sono” na linguaxe ADN e logo a información foi lida con absoluta precisión.
Unha das propiedades do ADN é que non se necesita electricidade para almacenar a información e ademais, se o mantes frío, seco e oscuro poderá durar moito tempo, ata chegar a idade de miles de anos como ocorre nos fósiles. Máis o uso desta tecnoloxía polo momento (cunha aplicación práctica ) está limitada polo largo tempo que toma secuenciar as cadeas de ADN e polo seu alto coste.
A medida que fun lendo sobre este tema tan interesante, atopei artigos asombrosos que podería resultarvos de interese: Almacenan un millón de GB en una bacteria, El discurso de Martin Luther King en lo que ocupa una mota de polvo
Agora ben…, todo isto parece incrible, máis, que consecuencias reais sobre as nosas vidas pode ter unha aplicación deste feito tan asombroso? Realmente podemos pensar que todas as aplicacións serán boas? Ao mellor é un descubrimento absolutamente positivo, non? (Eu no o penso) Imaxinades un mundo no que puidésemos transferir datos informáticos a través do noso ADN? Agora mesmo semella imposible, mais no o é… O que sí que sei, é que somos seres humanos e imos a utilizar este gran descubrimento de xeito negativo, para obter beneficios, o control das persoas e moitas mais cousas. E vos? Que pensades que pode pasar?
Páxinas consultadas:
Os científicos archivan imaxes, sonidos e textos en moléculas de ADN-Artigo do xornal ”A Vanduargia”.
Imaxínaste poder gardar todos os teus archivos no ADN? -Entrada dun blogue de noticias de actualidade.
Científicos codificaron os sonetos de Shakespeare en cadeas de ADN-Artigo do xornal online ”O Sol”.
Instituto Europeo de Bioinformática-Paxina oficial do I.E.B.
Entrada elaborada no curso 12-13 por Tomás Valderrama Santomé
Tags: ADN, enxeñeria xenetica, investigación