A clonación con fins reproductivos.

A clonación reprodutiva ten como fin a obtención de individuos adultos. A clonación reprodutiva xa se experimentou con éxito en diversos mamíferos. A clonación reprodutiva en humanos suscitou un forte rexeitamento por parte de case a totalidade da comunidade científica e as Institucións no mundo. Só algúns científicos mostráronse partidarios de obter seres humanos adultos por clonación, malia as duras críticas recibidas desde todos os ámbitos. Do mesmo xeito en EEUU unha secta, liderada por Rael, mostráronse interesados na clonación de ‘o mesías’, neno de 10 meses morto e crioconservado fai anos. Estes afirman haber recadado xa suficientes fondos para empezar a clonar un ser humano.

A clonación de seres humanos, de feito, existiu desde tempos inmemoriais. Era á clonación por xemelación natural, a que dá lugar a dous individuos xenéticamente, inmunolóxicamente e ata externamente iguais: son os xemelos monocigotos. Os xemelos monocigotos xorden da división do embrión nos seus estados iniciais, cando aínda as células dese embrión son totipotenciales. Do embrión froito da fecundación do óvulo polo espermatozoide, escíndese nalgún momento do seu desenvolvemento máis cedo, algunha ou algunhas células que darán lugar ao embrión xemelo. Ambos embrións,  recentemente nados son clons.

1. Obxeccións prácticas:

Baixa porcentaxe de éxitos. A ovella Dolly foi a única ovella adulta que se conseguiu logo de 277 intentos. A técnica antes descrita realizouse 277 veces, e conseguíronse 29 embriones(clonados). Moitos deses embriones non se desenvolvían no cultivo correctamente, outros si fixérono e foron transferidos a úteros de ovellas. Só uns poucos deses embriones se implantaron. Algúns chegaron a nacer pero a maioría morreron nas primeiras horas de vida. Só unha ovella sobreviviu: Dolly.  Necesitáronse 277 óvulos para conseguir unha ovella clonada. Si isto trasladámolo ao ser humano, atopámonos cun obstáculo importante: os óvulos humanos son un ben escaso. Calcúlase que unha muller produce uns 450 óvulos maduros ao longo da súa vida fértil.

Por iso dúas importantes empresas de Biotecnología, BioTransplant & Stem Cell Sciences, estiman que este problema podería resolverse utilizando óvulos de animais, especialmente porcos, filoxenéticamente moi apróximados aos seres humanos.

2.Obxecions éticas:

Dereito a un pai e unha nai  a ter fillo.
Ser querido por si mesmo e non para conseguir un fin, como reemplazar a alguén. Neste sentido temos o caso da secta dos Raelianos que pretenden clonar a un neno, morto aos 10 meses de idade fai unha década, o que entenden que é o ‘mesías’.
Este é un dos puntos que máis revolto suscitou nos círculos científicos e na opinión pública. Puidemos comprobar como científicos de prestixio foron tallantes á hora de condenar a clonación reproductiva: Ian Wilmut, creador da ovella Dolly afirmaba na súa comferecencia no Foro sobre Clonación, “O proceso de clonación animal provoca fallos no desenvolvemento gestacional e neonatal. […] No mellor dos casos, unha pequena porcentaxe dos embrions creados por trasferencia nuclear (clonados), sobrevivirán ao nacemento, e deses moitos morrerán no periodo neonatal. Non hai razóns para pensar que será distinto en humanos”. Do mesmo xeito, Keith Campbell, principal colaborador de Wilmut nas investigacións sobre clonación declara: “Prefeririamos que ninguén o intentase nunca. Se a cometen, e con seguridade sucederá algún día, sería cruel non desexar boa sorte a todos os que participen nesa tarefa, mais a perspectiva da clonación humana suscítanos graves receos”.

Na miña opinión non está comprobado que os humanos poidan durar mais ca ovella dolly,isto sería unha crueldade para os humanos. E ti que pensas?

imageno

As fontes consultadas foron:

 http://www.embrios.org/celulas.htm  web na que se explica todo o que ten que ver coa clonación.

 http://www.ugr.es/~eianez/Biotecnologia/Clonacion.html#_Toc481419968 departamento de Microbioloxía e Instituto de Biotecnologxía(universidade de Granada)

Entrada elaborada no curso 12-13 por Leticia González Álvarez

 

Tags: ,