A selección de embrións
A selección de embrións consiste en estudar o ADN de embrións humanos para seleccionar os que cumpren determinadas características e eliminar os que portan algún tipo de defecto xenético. Destes embrións extráense biopsias celulares cuxo tamaño pode variar; cada biopsia plantexa as súas vantaxes e inconvintes.
Realízase en tratamentos de fecundación in vitro, antes de implantar os preembrións humanos no útero.Para realizar a selección de embrións deben realizarse os seguintes pasos:
*A muller sométese a un tratamento hormonal para estimular a ovulación.
*Os óvulos extráense a través da vaxina, do home cóllese unha mostra de seme e no laboratorio realízase a fecundación.
*Evalúase a constitución dos cromosomas no que se diferencia entre os sans e os enfermos. A célula que se vai analizar obtense dun embrión de 8 células, logo elíxese unha das células.
*Despois de un ou dous días realízase a transferencia ao útero dos embrións seleccionados.
Para analizar o ADN emprégase o PCR ou reacción en cadea da polimerasa. Esta técnica permite obter, a partir dun fragmento de ADN, moitas copias do mesmo, sen necesidade de utilizar bacterias ou outros seres vivos no proceso; o que permite identificar xens a partir dunha mostra moi pequena de material xenético. Tamén se pode empregar a técnica da Hibridación fluorescente in situ (FISH), que detecta a localización de secuencias de ADN conocidas nos cromosomas. Utiliza sondas fluorescentes que se unen as partes do cromosoma cas que mostran gran parecido; pódense atopar os puntos onde se une a sonda e o cromosoma grazas á microscopia fluorescente. Este estudio precisa 24 horas, durante as cales se realizan dúas rondas de hibridación cos cromosomas (máximo cinco) e así obtense o diagnóstico.
Este procedemento pode utilizarse para evitar o nacemento de nenos con enfermidades xenéticas, seleccionando os embrións en cuxo xenotipo se comprobou que non porta a mutación correspondente.
Para axudar á reproducción, seleccionando os embrións máis adecuados podemos axudar a mulleres de avanzada idade ou con problemas de esterilidade a levar un embarazo a cabo.
Ou para elexir as características do bebé.
Bibliografía:
Clínica de investigación europea.
Páxina de debates sobre a ciencia.
Entrada elaborada no curso 12-13 por Zaida González Bargiela
Tags: reproducción asistida, selección de embrións, Xenética