Somos conscientes do que é a biodiversidade?

Para comezar, que entendemos como biodiversidade?

Como definición atoparíamos algo semellante a isto; Biodiversidade é a variedade de xenes, especies e ecosistemas presentes nun lugar determinado. Pero biodiversidade non comprende só os animais senón que tamén a outras formas de vida como as plantas ou mesmo as bacterias.

Nós cremos que a biodiversidade non é importante e aínda que non o pensemos non nos preocupamos por  que se manteña. Alguén se parou a pensar que pode pasar se isto continúa así?

Un dos exemplos é que moitas das especies das plantas desaparecerían, e nós fabricamos moitos medicamentos con estas  especies.

Outra das moitas que nos afectan é que as especies de peixes non están extinguidas pero as súas poblacións son tan excasas que a economía pesqueira non é viable por moito tempo. Estas son algunhas das moitas consecuencias que temos e poderemos aumentar se non o remediamos.

A consecuencia máis importante da extinción das especies é a perda ou o deterioro de ecosistemas, isto é causado pola desaparición de eslabons nas cadeas alimenticias.

Os fenómenos de cambio climático e o quentamento global tamén afectaron a biodiversidade, aínda que este foi un proceso máis lento, tamén provoca un desequilibrio nos ecosistemas, e poden xerar a extinción de especies que alí habitan.

Todos estes problemas están relacionados co aumento da poboación humana, e a explotación de recursos que isto conleva. A extinción de especies é irreparable, e ameaza as nosas posibilidades de existencia; a nosa alimentación, saúde, e benestar depende do uso que facemos das outras especies.

   imagen

A perda da biodiversidade está a pasar en moitos lugares e cales son as causas? - Introdución de especies. -Caza furtiva, -Sobrepesca, -Contaminación ambiental,-Modificación de ecosistemas. De verdade, non é hora de ir remediando isto?Fontes: Ecopibes.com, ecologismo.com , consecuencias da pérdida de biodiversidade.

Ecopibes.com é unha iniciativa da Red Ambiental, unha asociación civil sin fins de lucro que existe dende 1999,

Ecologismo.com é unha páxina onde se poden atopar noticias e consellos sobre a reciclaxe.

Entrada elaborada no curso 12-13 por Anabel Fernández Giráldez

 

Tags: ,