Do dito ao feito…

O Día Mundial do Medio Ambiente, é o cinco de xuño tal como estableceu a Asamblea Xeral das Nacións Unidas en 1972. Este ano o lema é Pensar. Comer. Conservar. Unha campaña para reducir os refugallos e perdidas de alimentos.

 imagen

Con motivo destas datas, podedes atopar en moitas páxinas de organismos oficiais propostas concretas para poñer en práctica a nosa idea: Mellor actuar que falar… Pero hai tamén, outras fontes alternativas, dende grupos ecoloxístas, ONGs, supermercados, empresas, medios de comunicación ata sindicatos…

Ante esta morea de información é moi importante manter a capacidade crítica de selección, empregar so fontes fiables e  con contidos accesibles para nos… Como se fai eso? para respostar a esta pregunta visitade un dos recursos colgados no noso recopilatorio de recursos: a presentación aprende a buscar na rede.

Cando atopedes unha páxina que vos resulte de utilidade, non dubidedes en compartir a información, citala nas vosas entradas ou enlazala nos vosos blogues…, pero Atención!, sen pasarse, xa que, facer moitos enlaces, pero pouco útiles fara que as cousas realmente interesantes se perdan en medio de tanta nube….

 imagen

 Eu propóñovos dúas páxinas: unha de unha ONG cero CO2, e outra dun sindicato da educación, educación en valores.

E si queredes un toque de humar en relación co tema deste ano “pensar, comer, conservar” aquí tedes un vídeo sobre os cambios na alimentación humana nos catro  illóns de anos que levamos no planeta. É de Foodtopia:


Que enlaces interesantes propoñedes vós?

 

Tags: , , ,