É posible a clonación?

A clonación defínese como un proceso polo cal se conseguen copias idénticas dun organismo xa desenvolvido, de forma asexual.

Agora ben, porqué é posible a clonación?

A posibilidade de clonar suscitouse ao descubrir o ADN e o coñecemento de como se transmite e expresa a información xenética nos seres vivos.

Para entender mellor isto fai falta recordar brevemente como está feito un ser vivo. Un determinado animal está composto por millóns de células, que veñen a ser como os ladrillos que forman un edificio que é un ser vivo. Esas células teñen aspectos e funcións moi diferentes. Porén todas elas teñen algo en común: nos seus núcleos presentan unhas longas cadeas que conteñen a información precisa de como é e como se organiza o organismo: o ADN. Cada célula contén toda a información sobre como é e como se desenrola todo o organismo do cal forma parte. Isto é así por unha razón moi sinxela: todas as células dun individuo derivan dunha célula inicial, ou embrión unicelular ou cigoto. Esta célula peculiar, que é xa unha nova vida, obtense de forma natural pola fusión dás células reprodutoras, óvulo e espermatozoide, cada unha delas aporta a metade do material xenético.

No cigoto temos xa a información de como vai ser un novo organismo: o seu sexo, as súas características físicas, todos os planos completos. A partir dese momento esa información irase convertendo rapidamente en realidade por dous procesos: a división celular e a especialización dás células. Tendo todo isto en conta, calquera célula do organismo adulto pode servir teoricamente para obter un novo ser vivo das mesmas características, xa que ten no seu ADN a información de como é e como se desenvolve ese determinado organismo. Trataríase de tomar unha célula calquera e conseguir que esa información se exprese, se póña en funcionamento e produza outro ser. Con todo, pronto se comprobou que non é fácil conseguir un novo ser a partir dunha célula calquera do organismo adulto. A clonación, pola contra, presentaba dificultades aparentemente insuperables, pero tamén hai problemas éticos, sobre todo coa clonación humana. As células de distintos tipos que constitúen o ser vivo poden vivir e crecer nun cultivo, pero é moi difícil que dean lugar a un novo individuo: limítanse a dividirse e producir máis células especializadas como elas. Aínda que teñen a información de como facer o ser vivo, a especialización fixo que perderan memoria: só recordan a parte de información que usan habitualmente, e non poden reprogramarse e empezar de cero a producir un novo ser.

imagen

Fontes utilizadas:

Páxina expositiva e informativa da Universidade de Navarrra sobre a investigación que están realizando; La clonación - Universidad de Navarra.

Problemas éticos sobre la clonación humana.

Entrada elaborada no curso 12-13 por Anabel Fernández Giráldez

 

Tags: ,