Que é a clonación?

Podemos definir clonación como un proceso no que se obteñen de forma asexual copias idénticas dun organismo, célula ou molécula xa desenvolvidos.

 

Atopamos distintos tipos de clonación celular, dependendo en primeiro lugar, do método que se utilice, e en segundo lugar, da finalidade do experimento.

Dependendo do método utilizado distinguimos entre:

 

-Partición: nesta técnica tómanse embrións octocelulares aos que se lles extrae unha sección e se implanta nunha zona prelucida artificial ou natural. Os individuos obtidos son practicamente idénticos entre si, pero diferentes dos deus proxenitores, polo que se lles considera equivalentes aos xemelgos monocigóticos. Ese método é moi usado no caso dos animais de granxa, como son as ovellas Megan e Morag de RoslinInstitute.

 

-Clonación por transferencia nuclear de células somáticas (SCNT) : Nesta técnica utilízanse dous tipos de células;células asexuais ou somáticas e células sexuais femininas ou oocitos. Os núcleos das células somáticas de individuos postnatais transfírense dentro de oocitos ou de cigotos enucleados. O resultado é individuos case idénticos entre si e case idénticos ao seu proxenitor, como a ovella Dolly. Este esquema aclara un pouco este proceso.

 

imagen

 

-Paraclonación: Núcleos de células embrionarias ou fetais son transferidos a un óvulo enucleado ou a un cigoto ao que se lle eliminasen os pronúcleos. Este óvulo receptor aporta mitocondrias, e no caso do cigoto, algo de espermatozoides. O resultado son individuos case idénticos entre si, pero diferentes dos proxenitores do embrión que aportou o núcleo transferido. Tense empregado en animais transxénicos clónicos, como Polly, unha ovella paraclónica transxénica produtora de factor XI de coagulación humana.

 

Segundo a finalidade do experimento, unha clonación pode ser:

 

-Clonación terapéutica, que ten por finalidade obter células nai, que logo serán transplantadas. As células nai son células pluripotenciais de gran tamaño que despois de experimentar un proceso de diferenciación, se especializan nunha dirección funcional determinada. Este tipo de clonación permite tratar trastornos neurodexenerativos, desordes sanguíneos, diabete, anemia falciforme e a B- talasemia. Algunhas fontes prometedoras de células nai pluripotenciais son o tecido nervioso, muscular e o sangue do cordón umbilical.

 

-Clonación reprodutiva. Esta comparte os primeiros pasos coa clonación terapéutica, coa diferenza de que o cigoto do doador é implantado no útero, onde se desenvolverá ata formar un individuo réplica do doador. Din os seus defensores que esta técnica podería ser unha alternativa para as parellas infértiles , ou para as que teñen fillos con enfermidades xenéticas. Pola contra os detractores consideran que é un procedemento “bioloxicamente incerto” debido ao pouco éxito alcanzado na clonación de primates non humanos. Este tipo é moi aceptado en animais de granxa coa finalidade de preservar o xenoma dos mellores exemplares.

 

A clonación inicialmente era utilizada para escoller unha poboación de células ou organismos obtidos por reprodución asexual a partir dunha soa célula, de tal forma que todos os individuos dun clon teñen a mesma xenética.

Posteriormente, cando a enxeñería xenética permitiu multiplicar un xene,o termo expandiuse á clonación de xenes.

Os animais superiores, ao non se poder reproducir asexualmente,para clonalos hai que eliminar cirurxicamente o núcleo dunha célula fecundada (cigoto) e substituíla polo núcleo enteiro doutro animal.

 

Tan pronto como se realizaron os primeiros avances na clonación, comezaron as controversias sobre os seus obxectivos e as súas aplicacións, levando a cabo discusións entre científicos e teólogos sobre os aspectos relixiosos, éticos e legais que implica clonar un ser humano. A noción da clonación toca aspectos fundamentais da nosa humanidade. Abarca conceptos de identidade e individualidade, o significado da reprodución, da diferencia entre procrear e manufacturar e as relacións entre xeracións. Tamén esperta preguntas sobre a manipulación de seres humanos para o beneficio doutros , a nosa obriga de curar aos enfermos (e os seus límites) e o respecto e protección que lle debemos á vida humana.

Para concibir mellor esta controversia, é importante en primeiro lugar recoñecer os obxectivos desta práctica:

O obxectivo clínico: Combater a esterilidade. Aquí a clonación sería vista como unha alternativa dos métodos de reprodución asistida.

 

O obxectivo euxenésico (filosofía social que defende a mellora dos caracteres hereditarios humanos mediante varias formas de intervención): Trátase de evitar o risco de enfermidades hereditarias, por exemplo, as relacionadas co cromosoma X (hemofilia, etc.). A clonación euxenésica ou clínica é denominada por algúns como “clonación reprodutiva”.

 

O obxectivo libertario: A elección do sexo do fillo polos pais. Aquí falta o argumento euxenésico e o capricho dos pais por domear o sexo do seu futuro fillo. Se se trata dunha transferencia nuclear, o sexo é o da persoa que proporciona o núcleo somático: varón se é varón, femia se é femia. Teoricamente, unha muller podería concibir artificialmente doutra muller. Queda aberta así a maternidade entre lesbianas.

 

 

En todo caso é importante ter en conta que unha clonación humana completa aínda está moi lonxe de ser realizada, e presenta unha gran dificultade técnica. Finalmente, non debemos esquecer que a clonación é principalmente enfocada a mellorar as condicións de vida do ser humano.

Déixovos aquí un vídeo que explica de forma moi clara que é a clonación e como se leva a cabo.

 


 

A información que utilicei para a realización deste post extraína de:

 http://members.tripod.com/marta_alicia/paraclonacion.html, blog sobre a clonación.

Esta páxina da Universidade Distrital San José de Caldas.

A páxina de Wikipedia sobre clonación

Este portal de ABC, chamado neoteo

 

Entrada elaborada no curso 12-13 por Irma Silva Hervella

 

Tags: ,