A ciencia segue salvando e mellorando vidas.
Fai apenas un mes, un grupo de científicos estadounidenses, dirixidos por Shoukhrat Mitalipov, da prestixiosa OHSU (Oregon Health & Science University ) lograron, por primeira vez na historia, a clonación de células embrionarias da pel co mesmo ADN dunha persona adulta. Estes,aclaran que a misión deste avance non é a clonación de personas, senón a obtención de células nai destinadas a sustituír as células danadas por enfermidades ou lesións, no tratamento de males como o Parkinson, esclerose múltiple, enfermidades cardíacas, lesións da médula espiñal e na realización de autotransplantes para que o paciente non sufra rechazo.
Para isto, utilizouse a técnica da transferencia nuclear, mediante a cal se toma un óvulo dunha donante, extráeselle o núcleo e se lle inserta unha célula adulta do posible receptor. Despois, o óvulo activase e comeza a dividirse nos primeiros pasos do desenrolo embrionario. Ao chegar a fase do blastocisto (unha especie de bóla de células), descomponse e obtéñense as células nai. Esto ocorre ao cambiar o material xenético, xa que desta maneira o óvulo deixa de ter unha soa cadena de ADN para ter dúas, o normal nas células. O método xa se utilizara anteriormente en vacas, ovellas, monos.. pero nunca en personas, e esto é debido a que o óvulo humano e máis fráxil que o de outras especies, o que supuxo un obstáculo nos métodos coñecidos de reprogramación. Como solución, atoparon a maneira de facer que os óvulos permanecesen nunha fase da transferencia nuclear coñecida como metafase. Os investigadores de este gran avance, descubriron que o mantemento químico da metafase durante a transferencia nuclear impedía que o proceso se atascara e permitía que as células se desenrolaran e fabricaran células nai.
Dende a miña humilde opinión, todo avance que supoña unha mellora nas condicións de vida das personas é ben acollido, xa que mediante descubrimentos coma este, os transplantes se realizarán dunha maneira máis sinxela, e enfermidades, que ao meu parecer son das máis graves da sociedade, serán levadas dunha maneira máis leve e menos dolorosa para o enfermo e os seus familiares.
Esperemos que a sociedade siga avanzando en ciencia, e que noticias coma esta, predominen no noso día a día.
Fontes empregadas:
- Xornal “El País”
- Xornal “El Confidencial”
Entrada elaborada no curso 12-13 por Rocío Nodal Rodríguez