Os Ácidos Nucleicos

O descubrimento dos ácidos nucleicos débese a Friedrich Miescher, quen no ano 1869 illou dos núcleos das células unha sustancia aceda á que chamou nucleína, nome que posteriormente cambiouse a ácido nucleico. Posteriormente, en 1953, James Watson e Francis Crick descubriron a estrutura do ADN, empregando a técnica de difracción de raios X.

Os ácidos nucleicos son grandes polímeros formados pola repetición de monómeros denominados nucleótidos, unidos mediante enlaces fosfodiéster. Fórmanse, así, longas cadeas; algunhas moléculas de ácidos nucleicos chegan a alcanzar tamaños xigantescos, con millóns de nucleótidos encadenados. Os ácidos nucleicos almacenan a información xenética dos organismos vivos e son os responsables da transmisión hereditaria. Existen dous tipos básicos, o ADN e o ARN.

imagen

Tanto a molécula de ARN como a molécula de ADN teñen unha estrutura de forma helicoidal. O ADN e o ARN diferéncianse porque:

- o peso molecular do ADN é generalmente maior que o do ARN

- o azucre do ARN é ribosa, e o do ADN é desoxirribosa

- o ARN contén a base nitrogenada uracilo, mentres que o ADN presenta timina.

imagen

Os ácidos nucleicos teñen polo menos dúas funcións: transmitir as características hereditarias dunha xeración á seguinte e dirixir a síntese de proteínas específicas.

Químicamente, estes ácidos están formados, como dixemos, por unidades chamadas nucleótidos: cada nucleótido á súa vez, está formado por tres tipos de compostos: Unha pentosa ou azucre de cinco carbonos, unha base nitrogenada e un radical fosfato. A secuencia dos nucleótidos determina o código de cada ácido nucleico particular. Á súa vez, este código indica á célula como reproducir un duplicado de si mesma ou as proteínas que necesita para a súa supervivencia.

Cada especie viviente ten a súa propio ADN e nos humanos é esta cadea a que determina as características individuais, desde a cor dos ollos e o talento musical ata a propensión a determinadas enfermidades.

É como o código de barra de todos os organismos vivos que existen na terra, que está formado por segmentos chamados xenes.

A combinación de xenes é específica para cada organismo e permite individualizarnos.

Fontes de información

Profesor en linea ( dedicado as ciencias)

Aula virtual ( dedicada expecíficamente os ácidos nucleicos)

Universidade de Salamanca ( na que se pode atopar información sobre os ácidos nucleicos)

Proxecto Biosfera ( administrado polo ministerio de educación do geberno de España)

Entrada elaborada no curso 12-13 por Kevin Álvarez Domínguez

 

Tags: , , ,