Reprodución asistida

Son tratamentos contra a infertilidade, co cal tes que acudir a un especialista para sustituír os procesos naturales que se dán durante a reprodución. As parexas que se someten a un tratamento de fertilidade deben estar asesoradas de forma correcta, por iso deben ir a un centro especializado. Existen tres tratamentos básicos na reprodución asistida: inseminación arificial (IA), fecundación in vitro (FIV) e ICSI (siglas en inglés de inxección espermática intracitoplasmática). Os expertos son os responsables de decidir qué tipo de técnica débese aplicar en cada paciente observando o grado de fertilidade e outros factores como a idade.

Inseminación artificial (IA)

É a técnica máis sinxela que consiste no depósito artificialmente de espermatozoides no aparato reproductor da muller co fin de acortar a distancia do óvulo co espermatozoide para facilitar o encontro entre estes dous. Para levar a cabo este proceso hai que conseguir varios folículos, que son os que dán lugar aos óvulos, e seleccionar correctamente os espermatozoides móviles. Para este proceso non é preciso a utilización de anestesia, xa que non é doloroso.

imagen

Fecundación in vitro (FIV)É a técnica máis complexa que consiste na extracción dos óvulos da muller, mediante un proceso chamado ”punción ovárica”, para logo fecundalos no laboratorio cos espermatozoides do home. Obsérvase durante os seguintes días a evolución dos embrións, e si todo saíu ben, deposítase o óvulo fecundado de maior calidade no útero da muller. Este tratamento é completamente indoloro e unhas semanas despois da transferencia do embrión, efectúase unha proba de embarazo.

imagen

ICSI

É unha técnica de reprodución similar á ‘FIV’, coa diferenza de que se introduce un espermatozoide no interior do óvulo mediante unha microagulla, de maneira directa. Esta técnica utílizase cando os espermatozoides teñen dificultades para penetrar no ovocito por sí solos ou cando unha parexa realizou varios ciclos de ‘FIV’ sin lograr resultados positivos, xa que con esta técnica obtéñense mellores resultados en casos difíciles.

imagen

As miñas fontes foron :

Serpadres.es (páxina que nos explica o concepto de insiminación artificial).

BarcelonaIVF (páxina na cal se nos fala da fecundación in vitro).

Intstitutomarqués (páxina que nos fala do proceso do ICSI).

Entrada elaborada no curso 12-13 por Jordan Domínguez Rajo

 

Tags: