Proba paleoclimática, Wegener e depósitos glaciares.

Segundo Wegener, científico alemán, os continentes, hai millóns de anos estaban xuntos nun único continente chamado Pangea. Como sabemos hoxe en día, hai varios continentes no planeta. Isto é posible grazas ao desprazamento das placas litosféricas. A súa teoría di que esas placas se moven mediante as correntes de convección da astenosfera e pola separación do fondo oceánico, que se vai separando cada vez que o magma sae do interior da terra e se solidifica na dorsal oceánica. Para demostrar isto existen varias probas e una delas é a paleoclimática. Segundo esta proba, hai uns 300 millóns de anos, durante o carbonífero, produciuse una glaciación, isto explica que os contientes estaban xuntos porque se atoparon  capas de sedimentos, da mesma antigüedade, transportados por glaciares en continentes que agora están separados (India, Australia, Sudáfrica e  Sudamérica) polo desprazamento das placas litosféricas.

Depósitos glaciares

 

Para ampliar información, podes entrar nestas páxinas:

- Páxina de xeoloxía na web da plataforma educativa aragonesa, nesta páxina a demais de atopar información sobre as probas paleoclimáticas tamén atoparás sobre a tectónica de placas.

-http://rutageologica.cl/index.php?option=com_content&view=article&id=386&Itemid=89&limitstart=4 nesta páxina a demais de atopar información sobre esta proba, podes atopar información sobre a xeoloxía.

Esta entrada foi elaborada por Nazaret Correa no curso 2013-14

 

Tags: , ,