Homo erectus

O Homo ereEvolución ata o Homo sapiensctus xurdiu hai 1 millón de anos e desapareceuhai uns 100. 000. Esta especie utilizaba xa o fogo e construía  as súas viviendas xunto con utensilios de madeira como lanzas e cuncas. De este homínido, exiten dous tipos: Homo erectus erectus (home de Xava)  e Homo erectus pekinensis (home de Pekín).

 

O Homo erectus é o primeiro homo que viaxou intercontinentalmente, por iso e considerado un colonizador Euroasiático. Segundo moitos investigadores, é unha subespecie do Homo ergaster que saíu de maneira temperá de África e se expandiu por gran parte de Eurasia, ata a illa de Xava, que puido evolucionar en multiples lugares mesturandose entre si con outros Homo que chegaraon posteriormente. Mais este é considerado outro homínido diferente ao Homo ergaster, xa que a súa capacidade cranial e maior (dende 800 ata os 1200 cm3 ) cunha diferencia de 300 cm3.

Mapa dos lugares donde se encontraron restos de Homo erectus.

 

 Este Homínido era robusto cunha estatura de 180 cm.  Non tiña mentón, os seus dentes eran máis pequenos que os seus antecedentes e existía diferencia de tamaño entre os dous sexos. O seu cranio podía ser de tres tipos: con cranio recto e groso toro supraorbital (oso  que se encontra enriba do ollo), este tipo encontrouse nalgúns luagres de Europa; con cresta saxital no cranio (actualmente encontrase en animais con mordisco poderoso como gorilas e leóns) ou con groso sainte occipital. Estes dous últimos tipos de cranios encontraronse no Homo erectus asiático.

Fontes de información e imaxes :

www.portalciencia.net/antroevoerec.html - Portal Ciencia. Evolución humana (Homo erectus)

Bioloxía e Xeoloxía 4º ESO, Volume 1. Editorial Santillana  dirixido por Antonio  Fernández e Ana María Guerra Cañizo.

www.ecured.cu/index.php/Homo_erectus - Características do Homo erectus

www.convictcreations.com/aborigines/prehistory.html - Páxina australiana con imaxe de rexistros fósiles de Homo erectus e evolución

Esta entrada foi elaborada por Rosario Núñez no curso 2013-14  

 

Tags: , ,