A orixe do Sistema solar.
Vou falar sobre a orixe do Sistema solar e as diferentes teorías que hai. Existen moitas teoríasrelixiosas e filosóficas sobre a formación do sistema solar pero ningunha se sostén nunha teoría científica. As dúas teorías científicas sobre esta formación pódense dividir en catastróficas e evolutivas.
A zona do Sistema Solar, fai un seis mil millóns de anos, era unha nube de hidróxeno cun pouco de helio e rastros doutros elementos. A nube de gas comezou a aglomerarse debido a atracción gravitacional, a materia foi caendo nesta nube facéndose máis grande. Os átomos, tiñan un movemento propio antes de caer, e a nube comezou a xirar. Cando todas as correntes de gas uníronse nun mesmo remuiño de gas, no que aínda hoxe, atópase o Sol. Esta nube de gas, repetiuse nunha menor escala, co mesmo proceso, formándose centos de planetesimais, xirando sobre si mesmos e viaxando arredor da nube central (o Sol). Na zona media do Sistema S0lar, formáronse dous planetesimais que foron absorbendo a maior parte dos gases que se encontraran na zona. Estes dous planetesimais foron Xúpiter e Saturno, que eliminaron varios destes planetesimais, facéndose máis grandes, e provocando con eses acercamentos, catástrofes planetarias onde os planetesimais chocaban entre eles, formando planetas de maior tamaño. Tras centos de millóns de anos, o Sistema solar estaba composto por un centro masivo pero apagado, ata a formación do Sol.Fonte de información:
Páxina personal de Juan Polaino López, entrada sobre a orixe do Sistema Solar
Esta entrada foi elaborada por Érica Estévez no curso 2013-14
Tags: planetesimais, Sistema Solar