A orixe do Sistema Solar

Desde os tempos de Newton pódese dicir que a orixe do Sistema Solar é un problema distinto do da creación do Universo.

Segundo a teoría máis aceptada hoxe en día, o sistema solar formouse hai uns 4600 millóns de anos a partir dun colapso dunha nube molecular. O material residual orixinou un disco circumestelar protoplanetario no que ocorreron os procesos físicos que levaron á formación dos planetas. O sistema solar localízase na nube interestelar local que se atopa na burbulla local da espiral Vía Láctea a uns 28000 anos luz do seu centro.

O sistema solar consiste en grupos de obxectos astronómicos que xiran  arredor dunha órbita. Todos os planetas maiores xiran arredor do Sol, na mesma dirección, no sentido contrario das agullas do reloxo. Os planetas atópanse espazados a distancias uniformemente crecentes a partir do sol. Todos os planetas xiran arredor dos seus prospectivos planetas no plano do ecuador planetario, e sempre en sentido contrario das agullas do reloxo. A regularidade  dos movementos xurdiu de maneira natural.

imagen

FONTES DE INFORMACIÓN:

-http://www.astromia.com/universo/vialactea.htm  a páxina científica de astronomía

-http://es.wikipedia.org/wiki/Sistema_Solar

Esta entrada foi elaborada por Paula Moldes no curso 2013-14

 

Tags: ,