A teoría dos planetesimais
A teoría dos planetesimais que é a teoría máis aceptada sobre a orixe do universo. Crearona os astrónomos CARL F. VON WEIZSÄCKER e GERARD KUIPER, entre 1944 e 1950. Esta teoría di que o sistema solar se formou a partir do po e do gas dunha nebulosa procedente da Vía Láctea.
A nebulosa crea a súa propia forza gravitatoria, debido a densidade que posee e co colapso gravitatorio no núcleo crease unha grande estrela, o sol. Ao redor da estrela formase un disco no plano do ecuador, ese disco de gas orbita ao redor dela. O disco de gas e de po aplanado vai a ter unha temperatura alta en todas as partes cercanas ao sol, e baixas nas partes máis alexadas. Os materiais de maior tamaño dispuxéronse máis preto do centro, despois, no seo do disco aparecen concentracións chamadas planetesimais, repartidas en órbitas diferentes ao redor do sol. O tamaño de ditos obxectos, no interior do sistema, corresponde ao de un gran esteroide similar ao tamaño da nosa lúa. Os planetas máis afastados do sol foron os últimos en formarse. Os planetesimais foron o xerme dos futuros planetas. O sistema solar quedou dividido por corpos sólidos e gasosos, formáronse materiais mais densos preto do sol e condensáronse mais lonxe do sol planetas exteriores gasosos. Finalmente o sistema solar quedou dividido en planetas que se arrefriaron e crearon unha atmosfera cos gases liberados.
A teoría planetesimal explica por que xiran todos os planetas no mesmo sentido que o sol?
Como xustifica a teoría planetesimal que as órbitas de todos os planetas se sitúen no mesmo plano?
http://cmcirubide.blogspot.com.es/2008/10/el-origen-del-sistema-solar-teora-de.html
-Blogue de “Ciencias para el Mundo Contemporáneo” do IES Padre Moret- Irubide de Pamplona (Navarra)
-Presentación en salideshare sobre os planetesimais, de autor descoñecido http://www.slideshare.net/corduente/teora-planetesimal-14822754
Esta entrada foi elaborada por Jésica Gonçalves no curso 2013-14
Tags: planetesimais, Sistema Solar