COMO SABEMOS EXACTAMENTE QUE PASOU E CANDO PASOU

A  vida comezou  fai uns 3 500 millóns de anos e os insectos diversificáronse fai uns 300 millóns de anos, pero as linaxes do home e o chimpancé separáronse só fai 5 millóns de anos. Cómo saben os científicos as datas destes feitos  evolutivos que sucederon fai tantísimo tempo?

 Estos son algúns dos métodos que utilizan os científicos para datar os distintos sucesos

A  datación radiométrica:  É un método que se basa no  período de semidesintegración dos elementos radioativos para permitir aos científicos a datación directa de rochas e doutros materiais. Con este método estímase canto tempo fai que se formaron as rochas e  aproximar a idade dos fósiles que conteñen esas rochas.

 

Atom icon

     A Estratigrafía: Este método proporciona unha secuencia de sucesos da cal pódense extrapolar datas relativas. Os fósiles pódense datar en relación con outros fósiles fixándonos, na sua posición nas capas de rocha, chamadas estratos. Os fósiles que se atopan  nos estratos máis profundos normalmente son os máis antigos.

 

Stratigraphy icon

 Os reloxios moleculares: Este método, permite aos científicos empregar a cantidade de diverxencia xenética entre os organismos para extrapolala cara atrás no tempo e estimar posíveis datas.  Os biólogos evolutivos están investigando a posibilidade de que algúns cambios evolutivos sucedan dunha forma similar ao  funcionamiento dun reloxo. Durante o transcurso de millóns de anos, nun segmento determinado de ADN poden acumularse mutacions a unha velocidade fiable. Ao ser fiable, pódense utilizar o xen como un reloxio molecular. Cando un segmento de ADN se comporta de verdade coma un reloxio molecular, convírtese nun potente instrumento que permite estimar as datas nas que sucederon as separacións de linaxes. Este método utilizouse para investigar varias cuestions importantes, coma a orixe do hombe moderno ou a data da  diverxencia entre o ser humano e o chimpancé.

 

DNA icon

Fontes:

http://www.sesbe.org/evosite/evo101/IIE1aAtomicclocks.shtml.html

Esta entrada foi elaborada por Ana María Fernández no curso 2013-14  

 

Tags: ,