Homo neanderthalensis

O neanderthal foi a especie que dominou ata fai uns 30000 anos gran parte de Eurasia. Seres de gran robusted e de cerebro maior ao noso, foron os derradeiros descendentes dos Heidelbergensis.

imagen

Tiñan unha cultura complexa e unha tecnoloxía sofisticada. Lonxe da imaxe de brutos carnívoros, posuían unha dieta que se compoñía case de calquera cousa: moluscos, pequenos herbívoros, froita. . .( pode que excepcionalmente se alimentasen de grandes animais herbívoros).

Un neanderthal promedio tería unha altura duns 1′65 m, de contextura e musculatura pesadas. Caracterizabanse por cráneos alargados e amplos, e nariz grande; rasgos que denotan adaptación aos climas fríos, pola súa similitude as actuais poblacións do Ártico. Debido a isto e a outros varios estudos baseados na localización dos achados arqueolóxicos atopados, pensábase que estaban especialmente adaptados aos climas fríos, na actualidade pensase que iso é un erro, pois na época na que os países do Norte foran habitados por esta especie, a temperatura era más cálida á da agora.

O que si parece claro é que naquela época, a inestabilidade meteorolóxica que forzaba á adaptación ou a extinción das especies puido ser a principal causante do fin destes individuos. O problema fundamental cos neanderthais é que non puideron adaptarse o suficientemente rápido ou, dito de outro modo, non puideron adaptarse ao feito de que non houbera algún tipo de estabilidade nova á cal adaptarse. Isto fixo que as capacidades para aproveitar todos os recursos do medio coas que contaba o Homo sapiens, nos fixeran máis aptos para a supervivencia, a pesar de compartir período de tempo e territorios.

Os resultados a unhas probas de ADN  sentenciaron que verdadeiramente tratábase dunha especie diferente á do Homo Sapiens; ademais de haber atopado unha mutación no xen responsable da pigmentación, o que indica que eran despigmentados, quizais rubios.

Estos datos fan recordar toda a tecnoloxía e coñecementos cosque contamos para coñecer o noso pasado e a evolución das especies, temas de gran importancia para desenvolver teorías sobre o futuro. Pareceume interesante daquela, tratar dalgún modo esa hipótese.

- Fontes de información: 

Homo neanderthalensis; texto escrito polo valenciano Daniel Tomas

O home de neanderthal; artigo de prensa dixital de interese

Esta entrada foi elaborada por Silvia Nodal no curso 2013-14

 

Tags: