Deforestación

Unha das maiores ameazas para a vida do home na Terra é a deforestación, que está causando danos importantes na calidade dos solos arrasando con bosques e selvas da Terra. Os bosques son ecosistemas terrestres e complexos, e importantes recursos renovables que realizan a función reguladora, protectora, productora e recreativa. E non só iso, os bosques axudan a manter o equilibrio ecolóxico e a biodiversidade, limitan a erosión nas cuncas hidrográficas e inflúen nas variacións do tempo e do clima.

A tasa de deforestación alcanza uns 13 millóns de hectáreas ao ano, das cales 11 millóns son bosques tropicais. Estas selvas perden ao ano un 1% da suá poboación total, debido a obtención de beneficios a curto plazo polos países productores do sur, pola venda de madeira aos países ricos do norte. A tala deses bosques foron producidas por causas naturales ou para convertilas en terras de cultivo mediante incendios provocados. Entre 2000 e 2010 perdeuse unha área de bosques equivalentes a toda América Central, Sudamérica e África son as que teñen máis pérdida neta de bosques. Os bosques axudan a combater o efecto invernadoiro, xa que retiran grandes cantidades de CO2 que transforman en biomasa.

Conservar a natureza é esencial para o desenvolvemento sostible, hai que motivar a plantación de árbores a gran escala.

imagen

-Cal sería a túa posible solución para frear a deforestación? Na miña opinión unha solución sería a reciclaxe, reutilizando a materia prima que xa foi procesada para evitar obter nova dos bosques. A reforestación, plantando árbores en bosques en mal estado ou destruídos por completo. E por último, unha política agraria, esperando do goberno axudas económicas para os campesiños dándolles novas opcións de asentamentos en terras dedicadas a actividades agrícolas.

FONTES DE INFORMACIÓN:

-Ciencias para o mundo contemporáneo, 1ºBacharelato.

-Comentario interesante da derorestación en Nathional Geoghrapic http://www.nationalgeographic.es/medio-ambiente/calentamiento-global/deforestation-overview

-Páxina sobre a deforestación mundial  http://www.cienciapopular.com/ecologia/deforestacion-mundial

-Imaxe extraída dun blogue sobre a deforestación en Bonn, Alemania.

 Esta entrada foi elaborada por Jésica Gonçalves no curso 2013-14

 

Tags: , ,