Leucemia
A leucemia (cancro do sangue) é unha enfermidade relativamente pouco frecuente en comparación con outros tipos de cancro
Caracterízase por un aumento excesivo de glóbulos brancos na médula ósea e no sangue. Estos son, non obstante, inmaturos e disfuncionais. Esta situación perturba a formación normal de sangue e conduce a unha falta de leucocitos, glóbulos vermellos e plaquetas maduros y sans. O médico determina o diagnóstico a través dunha análise de sangue, e para clasificar exactamente a variante de leucemia presente, adoita ser necesario extraer unha mostra de médula ósea (biopsia de la médula ósea).
A causa da leucemia ignórase na maioría dos casos, pero esta demostrado que non se trata dun desorden hereditario ou contaxioso.
Os síntomas máis destacables son: a medida que a afección avanza aparece dor nos ósos, como resultado da multiplicación das células leucémicas no sistema óseo; causa anemia, cuxas características son palidez, cansazo e pouca tolerancia ao exercicio, consecuencia da diminución de glóbulos vermellos; redución do número de plaquetas, ao cal, provoca hemorraxias esporádicas e a aparición de manchas na pel ou grandes hematomas, debido á hemorraxia causada por golpes leves. Unha das hemorraxias máis graves é a que se presenta a nivel cerebral.
Esta enfermidade analizouse ao largo dos anos dende o seu descubrimento, para combatila e atopar unha cura coa que sanar aos pacentes que a padecen. A técnica máis empregada é a quimioterapia, así como o transplante de médula ósea, a través dun donante compatible có enfermo.
Pero, fai pouco produciuse un innovador descubrimiento para a cura da leucemia. Inxectouse, por vía intravenosa, a vacina do sarampelo nunha dose equivalente á necesaria para vacinar a 10 millóns de persoas, provocando que o virus neutralice o cáncro, devolvéndolle a saúde ao moribundo. Este experimento unicamente se puxera a proba en roedores (con éxito), pero a pesar de probalo por primeira vez en humanos, resultou efectivo. En cambio, a segunda proba non foi tan produtiva, polo que se deberá seguir estudando esta revolucionaria hipótese.
O cancro é a enfermidade que está ao orde do día, e que desgraciadamente rematou con moitas vidas. No caso de leucemia, ten unha elevada mortandade en nenos. A pesar diso, non conseguimos obter unha cura eficaz. Pero os increíbles achados do presente poden conseguilo, unha esperanza na que todo o mundo confía, e que seguramente algún día farase realidade.
- Fontes de información:
A leucemia: páxina informativa sobre medicina
Cancro: páxina informativa sobre as enfermidades canceríxenas
Cura para a leucemia: noticia divulgativa exposta por medios comunicativos como Telecinco
1ª Imaxe: web sobre enfermidade e saude
2ª Imaxe: fotografía obtida por un programa de telecomunicacións divulgativo
Esta entrada foi elaborada por Silvia Nodal no curso 2013-14