Aniquilación de seres.

É fácil darse conta de que a medida que  os humanos avanzamos na nosa calidade de vida, tecnoloxía, produción de produtos e distribución destes, os animais rematan sendo prexudicados de un modo directo ou indirecto.

  • Directamente:Por exemplo a caza destes para usalos como materias primas.
  • Indirectamente: Por exemplo os residuos ou materias dos cales non se desfixeron correctamente.

Un caso de extinción por causas humanas é o caso do Dodo (Raphus cucullatus) unha ave a cal non voa e é demasiado robusta como para escapar das mans da aniquilación humana pola súa caza e o destrución do seu hábitat. Habitaba nas illas Mauricio.

imagen

 Fai millóns de anos a extinción era un resultado da selección natural, uns seres morrían para deixar paso a outros máis fortes, hoxe en día aínda hay persoas que pensan que todo o que esta a pasar é que se esta a mostrar o dominio da raza humana, que outras especies teñen que caer ante a nos.

Un dos resultados  máis habituais da extinción de animais é a modificación do seu hábitat, isto pode ser por causa natural ou como acontece con frecuencia, por causas humanas como o quentamento global, a deforestación, a contaminación por residuos, etc.

Persoalmente, penso todo o contrario, creo que temos que facer perdurar o maior número de seres posibles, vivindo sempre nun modelo de convivencia e non de extremada explotación animal.

Quero deixar claro que non solo falo de especies animais, senon tamén vexetais. Nunca saberemos que enfermidades se poderían curar se conservásemos unha máis extensa gama de especies como animais, plantas, algas, fungos, bacterias etc.

Se queredes indagar máis sobre este tema vos recomendo esta páxina:

-http://www.ecoticias.com/naturaleza/79292/humano-provoca-extincion-especies-rapido-naturaleza

Información obtida de :

-http://www.icarito.cl/enciclopedia/articulo/segundo-ciclo-basico/ciencias-naturales/organismos-ambientes-y-sus-interacciones/2009/12/63-2156-9-extincion-de-animales-y-plantas.shtml

-https://ar.answers.yahoo.com/question/index?qid=20090710153607AA9doGe

Imaxe obtida de:http://en.wikipedia.org/wiki/Dodo

Esta entrada foi elaborada por Jorge Fernández no curso 2013-14

 

Tags: