Homo antecessor

O Homo antecesor é una especie fósil pertencente ao xénero Homo. Na Serra de Atapuerca foron encontrados restos humanos dunha especie nova de fai 800.000 anos, o Homo antecessor. O 8 de Xulio de 1994 a paleontóloga AURORA MARTÍN descubriu un dente humano do xacemento da Gran Dolina. Foi considerada a especie homínida máis antiga de Europa. Eran individuos altos, fortes e con cara de trazos modernos, como a cara plana igual que a nosa, aínda que o seu cerebro fose máis pequeno ca o do home actual. O fósil máis característico foi o de un neno que presentaba carácteres arcaicos e modernos. A pesar da gran variedade de elementos vexetais que conformaban a súa dieta, os antecesor eran cazadores e recolectores e practicaban o canibalismo.

imagen

  O Homo antecesor surxiu a partir das variación do Homo ergaster. A dentadura destes homínidos era moi primitiva, o borde inferior da placa infraorbital é horizontal e arqueado e o arco superciliar é en dobre arco. Emigrou ata Europa e chegou a península ibérica onde evoluciono ata o Homo heidelberguense e a poboación que quedou en África evolucionou ata dar lugar ao Homo rhodesiense, e despois, ao Homo sapiens. Os antecesor utilizaron dous tipos de sílex e de cuarcitas con areíscas e cuarzos, os utensilios facíanos na cova con nódulos. Tamén traballaron a madeira para facer utensilios. En 1992 descubriuse a Sima dos ósos donde apareceron fósiles de ósos humanos e posibles antepasados dos homes Neandertal.

 

 FONTES DE INFORMACIÓN:

-  Artigo xornalístico dos 15 anos despois do Homo Antecessor 

- Páxina interesante sobre os xacementos de Atapuerca e o Homo antecesor http://www.monografias.com/trabajos93/yacimientos-atapuerca-y-homo-antecessor/yacimientos-atapuerca-y-homo-antecessor.shtml

-http://www.unav.es/cryf/evolucion2006.html#titulo14

-http://www.portalciencia.net/antroevoante.html

-Fósiles humanos na Gran Dolina  http://www.atapuerca.tv/atapuerca/fosiles_dolina

Esta entrada foi elaborada por Jésica Gonçalves no curso 2013-14

 

Tags: , ,