O fraude científico de “John Herschel”

O martes 25 de agosto de 1835, the New York Sun comezou a publicar unha serie de descubrimentos lunares supostamente feitos polo matemático e astónomo John Herschel, fillo do famoso William Herschel (quen descubriu o planeta Urano e outros numerosos obxectos celestes). A narrativa foi publicada durante cinco días consecutivos no xornal e é considerada unha das farsas mediáticas máis famosa de todos os tempos.

 

John Herschel encontrábase en Cidade do Cabo co obxectivo de catalogar estrelas, nebulosas e outros corpos celestes visibles dende o hemisferio sur, para completar a clasificación estelar iniciada polo seu pai. De feito, cando regresou a Londres en 1838 gañou unha medalla da Royal Society polos seus resultados. O escritor inglés Richard Adams Locke foi o xoven que publicou os artigos nos que John Herschel explicaba que avistara no noso satélite vastos bosques, cráteres, grandes lagos, océanos e praias. Tamén contaba a gran diversidade de especies que albergaba (pelícanos, cangrexos, unicornios, cebras etc), nas que se incluía no terceiro día das publicacións, a existencia dun home morcego. Os lectores, que esperaban ansiosos máis novas, foron informados de que o telescopio quedara xirado cara o sol, polo que os raios solares deixaron inservible o telescopio. Cando lle contaron a historia a John Herschel sobre os documentos que supostamente fixo e entregara ao Dr. Grant para enviarllos ao Edinburgh Journal of Science , a súa reacción foi rirse.

 

Finalmente, Locke non tivo máis remedio que admitir a verdade, aínda que a burla mediática xa traspasara as fronteiras de Estados Unidos e chegara a outros países. Incluso existe unha tradución ao español, de 1836, realizada por Francisco de Carrión.

 

imagen

Grandes descubrimientos astronómicos hechos recientemente por Sir. J. Herschel en el Cabo de Buena Esperanza (1836), tradución ao castelán dos artículos aparecidos no New York Sun.

Fonte da imaxe:  http://mizar.blogalia.com

 

 

 

Fontes

 http://laaventuradelaciencia.blogspot.com.es , páxina de ciencia na que a xente  publica información sacada de outras fontes

http://hoaxes.org , páxina inglesa de fraudes científicos (nesta páxina aparecen as publicacións do xornal dos cinco días en inglés)

 

Esta entrada foi elaborada no curso 2014-15 por  Nara González

 

Tags: ,