Ouro impuro: a loita por Corcoesto

O luns 27 de outubro Ramón Varela, xornalista medioambiental, deu unha charla de concienciación sobre o problema das minas a ceo aberto; en concreto falounos do proxecto de megaminería que estivo a piques de asentarse en terras galegas, en Corcoesto no concello de Cabana de Bergantiños, e que aínda esta a dar os últimos coletazos.

imagen

 Ramón Varela, portavoz da “Plataforma Salvemos Cabana” fixo un repaso dos moitos aspectos relacionados coa megaminería:

  • Primeiro falou dos valores medioambientais, económicos e sociais da zona da Costa da morte que se vería afectada por esta obra;
  • En segundo lugar recordounos algúns aspectos históricos da mineria do ouro en terras galegas ou de comunidades veciñas, poñendo en valor algúns restos arqueolóxicos dos nosos museos ou paisaxes ben coñecidas como as Medulas de León.
  • En terceiro lugar repasou os impactos de este tipo de explotacións, así como as respostas sociais de protesta; empregando exemplos documentados doutros países nos que xa se están a levar a cabo, como a baixa California en México, o caso de Arxentina ou de recente actualidade un vertido de colosais dimensións na mina de Mount Polley en Canada.
  • Finalmente analizouse polo miúdo o caso da mina de ouro de Corcoesto, con ampla información, non so do seu impacto medioambiental, senón tamén das implicacións económicas, sociais, culturais e políticas, así como, a influenza dos medios de comunicación, que non poden menos que facernos reflexionar.

Un aspecto importante no caso galego, no que ademais de Corcoesto parece haber un posible interese en outras zonas de Galicia, foi a resposta social que permitiu frear o proxecto.


Moitas grazas a Ramón Varela pola súa conferencia, así como por toda a información aportada. Tamén queremos agradecer a todos os asistentes o voso interese e participación.

Aquí tedes o enlace para ver as fotos da charla.

Apenas puidemos preguntar, por falta de tempo, nin aclarar as últimas dúbidas, polo que a nosa proposta é que expoñades aquí esas cuestións que quedaron para enviarllas á Ramón Varela.

Polo momento aquí tedes algúns enlaces máis, aportados tamén polo conferenciante con novas de actualidade relacionadas coa megaminería.

 

Tags: ,