A evolución humana

REVISIÓN LINGUA

A nosa especie é única en moitos aspectos, se a comparamos coas demais especies que hoxe en día viven sobre a Terra. Con todo, como ser vivo pertencente ao reino dos metazoos, xurdiu a partir dos mesmos procesos biolóxicos e evolutivos que o resto dos animais que hoxe podemos ver, é dicir, segundo o neodarwinismo, os cambios no medio, as mutaciones e a selección natural modelaron a un conxunto de poboacións de primates que se foron transformando ata dar lugar á cadea de homínidos, da cal nós somos o último elo. A evolución humana defínese como o proceso de transformación da especie humana dende os seus devanceiros ata o estado actual. É dicir, é un proceso de cambio que finalmente deu lugar ao Homo sapiens, a nosa especie, actualmente a única especie humana que existe no planeta.

Pero como chegamos a ser como somos? Como fomos cambiando? Sucederon moitos cambios e innovacións ao longo dos anos que nos fixeron ser humanos. Unha desas primeiras características que definiu ao ser humano foi a bipedación, é dicir, a capacidade de andar ergueito sobre os dous pés. Ademais a bipedestación implica unha determinada posición da pelve, que fai que as cativas nazan prematuras. Isto desenvolveuse hai catro millóns de anos. Outros cambios moi significativos que nos fixeron ser humanos foron: a expansión do cerebro, a linguaxe, o lume e o uso e fabricación de ferramentas, aínda que estas características desenvolvéronse máis lentamente.

As antigas especies de homínidos fóronse adaptando a novas contornas para sobrevivir a medida que os seus xenes ían mutando, modificando así a súa anatomía (estrutura corporal), fisioloxía (procesos físicos e químicos tales como a dixestión) e comportamento. Ao longo de grandes periodos de tempo esta evolución foi modificando profundamente o ser humano e a súa forma de vida.

imagen

Fontes:

  • Páxina denominada “Proxecto Biosfera” con información sobre o proceso da evolución humana.

http://recursos.cnice.mec.es/biosfera/alumno/4ESO/evolucion/12evolucion_humana.htm

  • Páxina chamada “Fundación Atapuerca” dun autor anónimo.

http://www.atapuerca.org/temas.htm

Imaxe sacada da wikipedia

Esta entrada foi elaborada no curso 2014-15 por  Laura Fernández

 

Tags: