A fraude de Hwang Woo Suk: a falsa clonación de embrións

    O ciéntifico surcoreano, Hwang Woo Suk, anunciou a principios do século XXI que a partir da clonación de embriones de diversos pacientes, foi capaz de obter células nai. Este descubrimento foi recibido con gran clamor pola poboación, xa que supoñía a posible cura de enfermidades como o Alzheimer e o Parkinson. O ciéntifico recibiu moitos premios de honor no seu país por iso: o goberno outorgoulle millóns de dólares para que puidese seguir coas súas investigacións e nomeouno director do primeiro banco mundial de células nai.

imagen

Con todo, a principios do ano seguinte os seus colegas acusáronlle de utilizar células nai falsas para a súa famosa investigación. O goberno decidiu que as investigacións do doutor debían ser verificadas por un comité científico, e foi entón cando tres laboratorios independentes dunha comisión de investigación da Universidade de Seúl acharon probas simuladas e resultados falsos dos seus experimentos confirmándonos que a maior parte do material xenético utilizado nas clonacions non coincidía co ADN do suposto doante, co cal, nunca puideron existir tales células nais conseguidas de pacientes específicos.

Woo Suk foi expulsado da Universidade de Seúl, pechouse o seu laboratorio e foi condenado a dous anos de cárcere en suspensión, o que supuxo non ir a prisión, pero a cambio debía estar tres anos baixo vixilancia das autoridades. O tribunal suspendeu a súa pena de cárcere ao ter en conta que, pese ás súas artimañas, o caído pai da ciencia surcoreana é unha autoridade en clonación animal en Corea do Sur e que o diñeiro malversado destinouse a asuntos relacionados coa investigación.

O caso do «doutor clon» provocou tal polvareda que Corea do Sur prohibiu a investigación con células nai embrionarias ata marzo de 2007.

Actualmente, trala falsa réplica das células nais e xa cumprida a súa supensión, Hwang retomou a investigación e traballa nun laboratorio local, de novo no campo da clonación, aínda que coa súa reputación xa manchada para sempre.

 WEBGRAFÍA:

-Información do periódico dixital El Pais

-Información do periódico dixital ABC

http://www.abc.es/ciencia/20130516/abci-engano-clonacion-humana-hwang-201305161024.html

Esta entrada foi elaborada no curso 2014-15 por  Ana Carolina Soto

 

Tags: , ,