A electricidade
A historia da electricidade situase no ano 600 a.C., cando Tales de Mileto obsevou que frotando unha varilla de ámbar contra a pel ou lá obtíñanse unhas pequenas cargas e podía chegar a crear chispas. O estudio da electricidade continuou avanzando ate o s.XVIII cando se empezou a usar a corrente contínua. No s.XX a electricidade chega ao ámbito doméstico.
Grazas a chegada da electricidade aos fogares, a vida cambioú notablemente debido a que isto fixo que as súas vidas fosen máis doadas, pero non todo foron ventaxas aínda que poida parecelo, xa que toda esta electricidade hay que producila e esta prodúcese en centrais; as cales emiten gases que contaminan o medio ambiente como son por exemplo as centrais termoeléctricas as cales contribúen ao efecto invernadoiro pola súa emisión de CO2. Isto non acontecería se obtivésemos dita electricidade con centrais de enerxías renovables como son as centrais solares
Polo que a electricidade é moi útil pero debemos ter en conta as fontes de obtención desta mesma xa que pode ter como consecuencia a contaminación da nosa atmosfera o que podería causar danos irreversibles.
Imaxe de Wikipedia
Fontes de información:
http://vicentelopez0.tripod.com/Electric.html : Páxina web de contido científico escrita por Vicente López, un inxenieiro venezolano.
https://es.wikipedia.org/wiki/Electricidad : Wikipedia, encilopedia en linea de libre escritura.
Esta entrada foi elaborada no curso 2014-15 por Lois Gómez
Tags: Electricidade