Internet

1.  Que é a Internet?

A Internet é unha rede de ordenadores descentralizada, para permitir a conexión entre ordenadores que operan a través dun protocolo de comunicación.

2. Como funciona?

A Web funciona seguindo un denominado modelo cliente-servidor, habitual nas aplicacións que funcionan nunha rede. Existe un servidor, que e quen presta ou servizo, e un cliente, que e quen ou recibe. O navegador e un programa co que un usuario interacciona para solicitar a un servidor web o envío de páxinas de información.

 

 3. Que vantaxes ten internet? Que inconvenientes?

 

  • Vantaxes
  1. Fai a comunicación moito máis sinxela.
  2. É posible coñecer e interactuar con moitas persoas de todas partes do mundo.
  3. A busca de información vólvese moito máis sinxela, sen ter que ir forzosamente ás bibliotecas tradicionais.
  4. É posible encontrar moitos puntos de vista diferente sobre algunha noticia.
  • Desvantaxes
  1. Así como é doado encontrar información boa, é posible encontrar, da mesma forma, información “mala”, desagradable (pornografía, violencia explícita, terrorismo) que pode afectar especialmente aos menores.
  2. Xérache unha gran dependencia ou vicio do internet, facéndote descoidar moitas cousas persoais ou laborais.
  3. Fai que os estudantes se esforcen menos en facer as súas tarefas, debido á mala práctica do copy/paste.
  4. A principal fonte da pirataría é o internet.
  5. Distrae aos empregados no seu traballo.
  6. Dependencia de procesos. Se hai un corte de internet, hai moitos procesos que quedan varados por esa dependencia.
  7. Dependencia de enerxía eléctrica.Se hai un corte de enerxía na casa, adeus internet.
  8. Fai que nazan outros males tales como o spam, o malware, a proliferación dos virus, o phising (intentar adquirir información confidencial de forma fraudulenta, como pode ser un contrasinal ou información detallada sobre tarxetas de crédito ou outra información bancaria), etc.

 imagen

Imaxe publicada por pixabay.com

 Fontes

 

-Artículo de Ventaxas e desventaxas de internet por David Mejía

 http://www.alumnosonline.com/notas/ventajas-desventajas-internet.html

 

-Artículo de wikipedia.

http://es.wikipedia.org/wiki/Internet

 

-es.answers.yahoo.com.

https://es.answers.yahoo.com/question/index?qid=20091022145149AAusKlB

 

-es.answers.yahoo.com.

http://es.answers.yahoo.com/question/index?qid=20090927162000AAwJ5Yv

 

Esta entrada foi elaborada no curso 2014-15 por  Aaron Martínez

 

Tags: