O motor híbrido
O híbrido é un vehículo enerxeticamente eficiente, popular e exitoso. Contén un motor de combustión interna a gasolina e un motor eléctrico a batería. Os diferentes vehículos utilizan diferentes dispositivos para alternar entre o motor eléctrico e o de combustión interna. Pero todos os vehículos híbridos fan o mesmo: alternan entre enerxía a gasolina e enerxía batería. Os híbridos consumen menos gasolina que os vehículos comúns e xeran unha cantidade significativamente menor de emisións contaminantes.
Tipos de coches híbridos
Adóitanse considerar dúas clasificacións diferentes. Por unha parte atendendo ao seu principio de funcionamento falariamos de:
- Híbrido en serie: o motor térmico non está conectado ás rodas e só funciona para mover un xerador que recargue de electricidade as baterías. O motor eléctrico é o encargado de mover as rodas.
- Híbrido en paralelo: o motor térmico é o principal, mentres que o motor eléctrico é complementario e serve de axuda ao motor térmico cando se pide máis aceleración, sumándose as potencias dos dous.
- Híbrido combinado: é o sistema máis complexo, os dous motores poden funcionar sós ou á vez. O motor eléctrico pode iniciar a marcha por si só. Cando se pide moita potencia funcionan os dous, o motor térmico pode funcionar tamén por si só a certas velocidades onde o seu rendemento é óptimo e tamén pode axudar a recargar as baterías.
Na miña opinión os coches híbridos permiten un nivel de prestacións similar ao dun vehículo convencional pero cun menor gasto de combustible e, por suposto, de emisións á atmosfera polo que é bo para o medio ambiente.
Fontes:
-Schlumberger excellence in educational development seed. SEED é un programa educativo voluntario.
-Xataka, apasionados por la ciencia. Feito por Ibáñez, colaborador de Xataka
Esta entrada foi elaborada no curso 2014-15 por Aaron Martínez
Tags: automoción, coche híbrido