Atapuerca: historia da evolución humana.

    Antigamente, e con antigamente me refiro a moitos miles de anos, a Serra de Atapuerca, situada onde hoxe coñecemos como Burgos, no noroeste de España, debeu de ser por moito tempo algo parecido a un paraíso para os habitantes que vivían daquela no noso planeta, xa que nun pequeno recuncho dentro dela, atopáronse restos fósiles de especies que difiren unhas das outras en miles de anos de existencia.Este feito que resultaba demasiado increible para ser certo, descubriuse cando unha compañía inglesa quixo traballar nunhas minas da dita serra para construír un ferrocarril de seu. Para salvar a prestixiosa cova, trazouse unha trincheira de só 20 m de altura e 500 m de ancho, na cal empezouse un traballo de investigación que durou décadas, e inda segue en desenvolvemento.

 

    Nos anos cincuenta comezouse a catalogar e cartografar a Cova Maior. En 1962, membros do Grupo Espeleolóxico Edelweis (GEE) comunican a existencia de fósiles na Trinchera de Ferrocarril ás autoridades, e dez anos máis tarde descobren a Galería do Sílex. Pero o feito decisivo foi no ano 1976, cando localizaron restos craneales de homínidos e tamén de humanos na Sima de Osos. É nese momento cando se decide estudar profundamente a cova e elabórase o Proxecto Atapuerca. Así pois, en 1978 comezáronse as excavacións.

    Isto foi considerado como un bum en investigación, xa que nos permitiu coñecer a evolución dos diferentes grupos humanos en Europa dende fai máis dun millón de anos. Ata o de agora encontráronse restos fósiles e evidencias directas da presenza de cinco especies diferentes: Homo sp. (inda por determinar, 1.200.000 anos), Homo antecessor (850.000 anos), Homo heidelbergensis (500.000 anos), Homo neanderthalensis (50.000 anos), e por suposto Homo sapiens (nós).

imagen

    A medida que se iban encontrando novas especies conforme se iba baixando de profundidade, foi necesario dividir a cova para facilitar a súa organización, e a posterior exposición da información dos restos fósiles das especies. A día de hoxe, a cova xa se divide en sete compartimentos aos que se pode acceder:

SIMA do ELEFANTE. É o xacemento máis antigo, nos seus niveis inferiores atopáronse fósiles dunha antigüidade de máis de 1.200.000 anos.

COMPLEXO GALERÍA. Esta sima actuou como unha trampilla natural para os animais fai 400.000 mil anos. As especies que ocupaban a Serra daquela, os Homo heidelbergenesis, accedían ao seu interior por unha entrada na que os osos deixaron visibles os seus zarpazos fai máis de 200.000 anos, é por iso que recibe o nome de a Covacha dos Zarpazos.

GRAN DOLINA. É unha cova de máis de 16 metros de altura con recheos de sedimento correspondentes a 11 niveis estratigráficos. Hoxe escálase no nivel 10, no que se descubriu un campamento de cazadores recolectivos con fósiles da especie Homo heidelbergensis de máis de 350.000 anos . Tamén cabe destacar a importancia do nivel 6, xa que foi aí onde se coñeceron máis de 150 restos que van dan lugar a unha nova especie, Homo antecessor, de 850.000 anos de antigüidade aproximadamente.

SIMA DOS ÓSOS. A case 30 metros de profundidade localízase unha gatera de apenas 8 m2, na que puidéronse recuperar máis de 6.000 restos humanos de todas as partes esqueléticas da especie que vivía fai 500.000 anos, Homo heidelbergensis, motivo polo cal esta especie é a máis coñecida do mundo.

O PORTALÓN DE COVA MAIOR. É a principal entrada, e tamén a principal fonte de información dos agricultores e pastores asentados na Serra durante o Neolítico.

GALERÍA DO SÍLEX. É o xacemento no cal se atoparon pinturas rupestres propias da etapa comprendida entre o Neolítico ata a Idade de Bronce.

GALERÍA DAS ESTATUAS. É a galeria na cal se atoparon restos de animais e ferramentas de pedra utilizadas polos neardentales fai uns 50.000 anos.

COVA DO MIRADOR.  Durante o neolítico, as especies humanas transformaron o seu modo de vida cara á gandeiría e á agricultura. Nesta cova atoparon restos deses agricultores e cazadores que datan 13.500 anos de antigüedade.

HUNDIDERO, HOTEL CALIFORNIA E VAL DAS ORQUÍDEAS. Correspóndese ao conxunto de xacementos da Serra que está ó aire libre. Deles cabe destacar estes dous primeiros, Hundidero e Hotel California, xa que neles vemos explicados como explotaban este territorio os grupos de neandertales de fai 50.000 anos; e o terceiro, Val das Orquídeas, porque amosounos ferramentas de pedra fabricadas polos humanos que se asentaron neste xacemento fai algo máis de 27.000 anos.

WEBGRAFÍA:

-Museoevoluciónhumana.com. Páxina oficial do museo de evolución humana:

http://www.museoevolucionhumana.com/~museoevo/es/atapuerca/yacimientos

-Atapuerca.org. Páxina oficial da fundación Atapuerca:

http://www.atapuerca.org/ 

Esta entrada foi elaborada no curso 2014-15 por Ana Carolina Soto

 

Tags: , ,