O Lamarckismo
Cadro de Charles Thévenin titulado Jean-Baptiste de Monet Chevalier de Lamarck feito en 1802-1803 que representa a Lamarck. Imaxe publicada en Wikipedia
Lamarck foi o primeiro que fixo unha teoría da evolución razoada.
Lamarck estudou os fósis e observou que algúns tiñan un aspecto intermedio entre os máis antigos e os actuais. Este feito fíxolle pensar que uns procedían doutros. A súa teoría chámase O Lamarckismo . Esta teoría tivo grandes detractores, os principais foron os fixistas.
Lamarck sostivo que as especies descendían doutras anteriores e que as novas eran mais complexas cas anteriores . El cría que as formas de vida evolucionaron gradualmente, que as súas calidades adquiridas proviñan dos seus propios esforzos , que a súa evolución sucedía por unha forza interna e que os seus cambios podían ser herdados dos seus descendentes. Este concepto denominouse ” Herdanza dos caracteres adquiridos “
Esta teoría pode resumirse nos seguintes puntos.
- A influencia do medio: Os cambios medioambientais provocan novas necesidades nos organismos.
- Lei do uso e do desuso: Para adaptarse ó medio modificado, os organismos deben modificar o grado de uso dos seus órganos. Un uso continuado dun órgano produce o seu crecemento (de aquí a frase “a función crea o órgano”). Un desuso prolongado provoca a súa diminución.
- Lei dos caracteres adquiridos: As modificacións creadas polos distintos graos de utilización dos órganos se transmiten hereditariamente. Isto significa que á larga os órganos moi utilizados desarrollaranse moito, mentres que os que no se utilicen tenderán a desaparecer.
-Resumindo: segundo Lamarck a evolución explícase pola acumulación de caracteres adquiridos no curso de varias xeracións.
-Plataforma e-ducativa aragonesa: A Plataforma E-Ducativa Aragonesa é un sistema que permite integrar a todos os centros educativos, creando unha “comunidade educativa virtual” tamén chamada “Aula Virtual”.
-Educarm: A Asociación Cultural Paleontolóxica Murciana, é unha entidade xurídica de ámbito rexional, que ten como fins fundamentais estudar e fomentar a Paleontoloxía e la Xeoloxía, así como protexer dicho Patrimonio na Rexión de Murcia. Artigo escrito por Marcial de la Cruz.
-UAM: Universidade Autónoma de Madrid. Artigo publicado por Máximo Sandín, doutorado en Ciencias Biolóxicas y Bioantropoloxía.
FÓSIL- FÓSILES, máis complexas cás anteirores, grao, transmítense hereditariamente, Isto significa que co tempo…desenvolveranse moito.
Esta entrada foi elaborada no curso 2014-15 por Anxo Rodríguez
Tags: evolución, Lamarckismo