Vivir máis, vivir mellor

Cada día o mundo cambia, nacen e morren miles de persoas, pero: Cantas nacen?, Cantas morren?, De que morren?…

Na seguinte dirección  http://www.poodwaddle.com/clocks2.htm podes obter todos eses datos en tempo real.

Coñecendo as causas da mortalidade poderemos decidir que debemos previr e a onde dirixir os recursos para combater as enfermidades.

imagen

Na segunda metade do século XIX, Louis Pasteur demostrou que as enfermidades infecciosas eran producidas por xermes, permitindo un grande avance da medicina. A partir de aquí, seguiron desenvolvéndose métodos diagnósticos, describíronse grande número de enfermidade e desenvolvéronse tratamentos efectivos para curar ou,  aliviar numerosas doenzas.

Agora, máis de cen anos despois de Pasteur, non se fala só de enfermidades senón de manter a saúde. Antes o problema era as enfermidades agora son os enfermos.  A medicina, hoxe en día, pretende que a propia sociedade se implique en lograr unha vida saudable para todos.

Para conseguilo debemos contestar a dúas preguntas :

  1. Que deben facer as autoridades para promover a saúde dos seus cidadáns?
  2. Que deben facer os cidadáns para promover a súa propia saúde?

Da resposta a estas preguntas, depende que cada un de nós teña as máximas oportunidades para vivir máis e vivir mellor.

Pensa como contestarías a estas preguntas, cres que ao final do tema, pode cambiar a túa opinión?

Entra no enlace, e busca a resposta ás preguntas do principio…, nun día cantas persoas nacen?, cantas morren?, cales son as causas da súa morte?…

 

Tags: , ,