A saúde no mundo e nos…

Falar da saúde é difícil, moito máis se falamos da saúde do mundo… Partimos de que hai unha relación clara entre saúde e pobreza, sabemos que non é o mesmo a saúde nun país desenvolvido que noutro en vías de desenvolvemento, e que a saúde está determinada por moitos factores… biolóxicos, sociais, medioambientais; polo tanto analizar o tema faise complicado, pero imos intentalo.

Antes de empezar a traballar, debemos recompilar e analizar información, ademais do que traballamos en clase, o libro de texto e outras entradas do noso blogue (que podedes visitar), aquí tedes un pequeno guión e algunha direción interesante.

imagenO noso traballo debe responder a tres preguntas:

  1. Como é a situación, os números cantan…?
  2. Cales son as causas, por que?, por que?, por que?
  3. Cales as solucións…?, e nós, estamos na solución?

Aquí tedes algunhas direccións interesantes que vos poden axudar a centrar as ideas:

- Datos: como medir o desenvolvemento dun país? Actualmente emprégase o chamado “Indice de Desenvolvemento Humano” (IDH). Na páxina de xeografía “La guía 2000″ tedes un artigo breve e moi claro explicándoo, tamén aparecen os países mellor clasificados e os de índices máis baixos, ademais dun mapamundi moi ilustrativo. O artigo está elaborado por distintos especialistas.

- Se queredes analizar as razóns económicas, aquí tedes o acceso a un artigo de Bernardo Kliksberg, asesor do PNUMA, ten reflexións moi interesantes, para aclararnos a orixe de tanta desigualdade.

- Para chegar ás posibles solucións, poden axudar os obxectivos do milenio da “Organización Mundial para a Saúde” (OMS). Na súa páxina podedes atopalos moi brevemente. Son oito e tres deles están relacionados coa saúde.

Recordade que hai outros enlaces, estes son só tres exemplos, canto máis leades, mellor.

Sería interesante que indiquedes se atopades información na rede, fiable, clara e interesante sobre o tema.

Para despedir o post recoméndovos que vexades estes dous vídeos colgados en youtube, son dunha conferencia de Hans Rosling, merecen realmente a pena, cun pouco de humor temos unha visión máis real do mundo e do mal chamado Terceiro Mundo.

O día 7 de abril foi o día mundial da saúde, unha celebración moi oportuna agora que estamos debatindo sobre o tema. Aparte do noso debate na clase, podedes aportar os vosos comentarios. A reflexión podería partir da necesidade de celebrar un día mundial da saúde…, é necesario…?, chega con eso…?, que podemos facer nos…?.

 

Tags: , ,