Legionella pneumophila.

    A Legionella pneumophila, comunmente chamada Legionella ou enfermidade do lexionario, é unha enfermidade bacteriana contaxiosa considerada como un tipo de neumonía.

Xeralmente, esta enfermidade adquírese por respirar o vapor dos sistemas de suministro de auga que poden sobrevivir na auga ou terra de ambientes cálidos e húmedos, como por exemplo: villas de auga quente ou fría, tanques de auga quente, torres de refrixeración de aire acondicionado e condensadores evaporantes, no solo en lugares de excavación, mesmo en caletas ou lagunas. É unha enfermidade que se contaxia a través do aire pero non por contacto directo dunha persoa a outra.

imagen

    O período de incubación da legionelosis varía entre os dous e dez días. Sen embargo, xeralmente é de cinco a seis días. Os síntomas iniciais da enfermidade do lexionario poden ser similares ós da gripe, inclúen mal estar xeral (dores musculares), febre alta con escalofríos, tos, dor de cabeza e nalgunhas ocasións, diarrea. E se xuntamos o feito de que causa síntomas característicos doutras enfermidades coma o virus da influenza e outros tipos de neumonía, con que ademais é unha enfermidade tan pouco coñecida coma habitual; esta enfermidade contén o problema engadido de non resultar doada de diagnosticar. Ademais con frecuencia non se piden as probas de laboratorio específicas necesarias para confirmar o diagnóstico, pois non basta cunha radiografía de tórax que mostre pneumonía común, senón que precisamos de probas máis especializadas, coma un cultivo da cuspe do paciente ou unha detección do organismo na urina.

Debido a complicación exposta anteriormente, esta enfermidade pode chegar a causar a morte, inda que non sexa o común, sobretodo en persoas doentes que  se encontren en factores de risco (persoas adultas de avanzada idade que teñan unha enfermidade inmunolóxica, tal coma o cáncer, ou pulmonar crónica). Pero o normal é que as personas se recuperen con fármacos como quinolonas y macrólidos (tratamento prolongado en pacientes con factores de risco), ou antibióticos como a eritromicina, o levaquin ou a azitromicina.

Escollín esta enfermidade pois, paralelamente ao famoso brote de ébola, desenvolveuse un brote dela en España que afectou a cidade de Vigo e máis a provincia de Barcelona, que truxo consigo case cincuenta afectados e máis dunha decena de mortos, pois non se descubrira a fonte de infección motivo polo que chegou a ser moi alarmante, e inda contendo maior número de afectados e de mortos no noso pais, e puidendo ser máis grave, non tivemos noticias diso nos medios, pois non traía ningún tipo de transfondo político nin económico consigo como si ocurría co ébola.

WEBGRAFÍA.

-Dialnet é a páxina oficial sobre mediciña da universidade da Rioxa:

http://dialnet.unirioja.es/servlet/articulo?codigo=4680066 Artículos dos autores  I. García del Valle, Elisa Martínez Alfaro

http://dialnet.unirioja.es/servlet/articulo?codigo=1026129. Artículo dos autores María Luisa Pedro-Botet, Arantxa García Cruz, Odile Sarroca, Miquel Sabrià Leal, Nieves Sopena, Celestino Rey-Joly, María J. Domínguez

-Páxina do departamento de saúde de Nova York:

 http://www.health.ny.gov/es/diseases/communicable/legionellosis/fact_sheet.htm.

- Medline plus é una páxina da biblioteca nacional de saúde da EEUU

http://www.nlm.nih.gov/medlineplus/spanish/legionnairesdisease.html

 http://www.nlm.nih.gov/medlineplus/spanish/ency/article/000616.htm

Esta entrada foi elaborada no curso 2014-15 por Ana Carolina Soto

 

Tags: , ,