Zyklon B

Non imaxinaba un químico Berlinés ao descubrir un novo pigmento de tintinguidura azulado, que acabaría sendo o culpable indirecto da morte de aproximadamente un millón de persoas 240 anos despois.

bote de Zyklon B(imaxe pertencente ao Dodd research center)

Todo comezou no ano 1704 cando o químico e produtor de cores Heinrich Diesbach estaba buscando un colorante vermello.

Faltándolle a Heinrich unha cinza requirida para o precipitado,  seu compañeiro Johann Conrad Dippel deulle un material de substitución chamado “Dippels Tieröl“. Sen embargo o engadilo, a tinguidura tornou azul en vez do desexado vermello. Aparecía así o chamado “Azul de Prúsia”.
De esta tinguidura, foi aislado por primeira vez entre 1704 e 1783, o composto coñecido coma “Ácido cianhídrico”. Un potente ácido con olor a amendoas amargas e tremendamente velenoso e volátil.

IG Forben colleu este novo composto e engadiulle un estabilizador e un irritante de advertencia. O produto resultante comercializouse como pesticida co nome de Zyklon B.

Aínda que nun principio o Zyklon B  empregouse nos campos de concentración de Auschwitz-Birkenau, Majdanek y Mauthausen-Gusen para controlar os parasitos que causaban o tifus nos reclusos. Unha serie de iniciativas persoais de proba e error levaron o composto a formar parte da solución final dos nazis.

Entre xaneiro e febreiro de 1940 empregouse sobre 250 nenos gitanos de Brno no campo de Buchenwald para probar o efecto do gas. En setembro de 1941 se realizaron experimentos co gas en Auchwitz. O 3 de setembro de ese ano 600 prisioneiros de guerra sovieticos foron gaseados con Zyklon B.

Os nazis pediron a Degesch que producise Zyklon B sen o odorante de advertencia. Pero estes negáronse xa que conlevaría perder a licenza industrial.

Despois da guerra, unha corte militar británica xulgou e executou a dous directores de Testa por subministrar o químico.

O Zyklon B vertíase en tubarias perforadas dende o tellado das “duchas”, unha vez ca as vítimas eran encerradas. A humidade ambiental reaccionaba coa toxina e estas comezaban a sentir sofoco. Posteriormente perdían o control dos esfínteres pola anoxia. Como resultado, as vítimas orinábanse e defecaban sen control, mentres ca as mulleres coa regra menstruaban sen control. Posteriormente viñan os desmaios, a morte cerebral, o coma e a morte. Entre 20 e 25 minutos despois da administración do veleno.

Soldado do sonderkommando vertendo Zyklon B(imaxe de xornal londiniense de 1944)

Nas memorias de Nyiszli Miklos, un supervivente do sonderkommando de Auschwitz se afirmaba que os cadáveres aparecían por capas. Debaixo os máis débiles (anciáns, nenos, enfermos), en medio as mulleres e enriba os máis xovéis e fortes.

Ironicamente, o Zyklon B na súa forma final foi desenrolado na década de 1920 por Fritz Haber. Un xudeu alemán cuxa familia foi asasinada empregando o gas que el mesmo axudou a crear.

Fontes:

Wikipedia, enciclopedia online, wikimedia org.

http://es.wikipedia.org/wiki/Zyklon_B

http://es.wikipedia.org/wiki/C%C3%A1mara_de_gas

http://es.wikipedia.org/wiki/%C3%81cido_cianh%C3%ADdrico

http://es.wikipedia.org/wiki/Azul_de_Prusia

http://es.wikipedia.org/wiki/Heinrich_Diesbach

Esta entrada foi elaborada no curso 2014-15 por Xabier Iglesias

 

Tags: , , , ,