As dietas milagre e os seus riscos.

Periodicamente aparecen novas dietas no mercado, que teñen en común a promesa de perder peso de forma rápida e sen ningún tipo de esforzo. Todas cunha cousa en común: resultan perigrosas para a saúde.

As chamadas ”dietas milagre” son normalmente froito da busca dun gran beneficio económico sen preocuparse en ningún momento da saúde dos que optan por ela. Normalmente, inducen a restrición de calorías provocando nos consumidores a falta de nutrientes, vitaminas, alteracións metabólicas e riscos para a saúde.

Estas dietas, prescritas normalmente por persoas alleas ao campo da nutrición, pódense clasificar en catro grandes grupos:

  • Dietas ricas en proteínas (dieta do astronauta, dieta Dukan);
  • Dietas ricas en hidratos de carbono (dieta do plan F);
  • Ddietas ricas en graxa (dieta Atkins);
  • Dietas disociadas (dieta Hollywood).

Todas aumentan a destrución das proteínas corporais, como fonte alternativa de enerxía, o que provoca unha pérdida de masa muscular e doutra banda da formación de corpos cetónicos, perigosos para o organismo cando a súa formación se prolonga no tempo. Pero, quen sigue estas dietas asocia a pérdida de masa muscular co éxito do réxime durante as primeiras semanas. Sen embargo teñen  un problema engadido e é que favorecen unha recuperación moi rápida do peso perdido (efecto rebote) cando se abandona o réxime, provocando fenómenos “yo-yo” que se asocian a un incremento de risco. Moitas levan emparelladas a toma de produtos “milagre”, que incluso se venden nas farmacias, e que son basicamente diuréticos e laxantes que fan perder peso a costa de líquido, pero non de graxa.

En resumo, as dietas moi restritivas, moi baixas en calorías, aínda que conseguen que o peso diminúa a curto prazo, constitúen un risco inaceptable para a saúde, xa que poden:

  1. Agravar o risco metabólico das persoas.
  2. Provocar desnutricións proteicas y déficit en vitaminas e minerais.
  3. Desencadear trastornos do comportamento alimentario (anorexia e bulimia), as veces de maior gravidade que o exceso de peso que se pretendía corrixir.
  4. Producir efectos psicolóxicos negativos.
  5. Favorecer o efecto rebote.

Se se quere perder peso de verdade o que hai que proporse e un estilo de vida saudable cunha boa alimentación e uns hábitos saudables, sen por en risco a nosa saúde.

 imagen

Fontes de información:

Páxina web do Ministerio de sanidade de España: http://www.naos.aesan.msps.es/csym/saber_mas/articulos/dietas.html

Páxina web sobre alimentación e nutrición: http://www.dietistasnutricionistas.es/di-las-dietas-milagro/

Artigo da páxina web da revista Muy interesante:  http://www.muyinteresante.es/salud/preguntas-respuestas/ique-son-las-qdietas-milagroq

Esta entrada foi elaborada no curso 2014-15 por   Ana Martínez

 

Tags: , ,