O Primeiro Transplante dun Órgano Vital

En 1933, o ruso Voronoy, realizou o primeiro transplante de ril a unha rapaza eurémica utilizando o ril dun home de 60 anos. Os riles transplantados funcionaron precariamente ata os dous primeiros días; entón, chegoulle a morte o paciente. Voronoy comunicou en 1949 outros cinco transplantes de ril de cadáveres conservados realizados sen éxito algún.

O primeiro transplante de ril entre  humanos con resultado de supervivencia para o receptor tivo lugar en Boston en 1947. A unha rapaza en coma  profundo por uremia en anuria dende facía dez días tras shock séptico secundario a un aborto complicado,e transplantóuselle o ril  dun cadáver. O implante practicóuselle a nivel do pregue do cóbado, e mantéñase quente co foco dunha lámpada. O ril segregou uriña o primeiro día, mais deixou de funcionar o segundo. Dous días despois, empezou a diureses natural e produciuse a curación.

En 1950 en Chicago,realizouse o primeiro transplante de ril con implantación intrabdominal a unha muller afectada de poliquistosis renal e con función precaria a que se lle quitou un dos seus riles poliquísticos e substituíuselles polo ril dun cadáver. Os dous meses comprobouse que o ril tiña función.

A partir de 1950,diferentes equipos europeos e americanos procederon co transplante de ril en humanos procedentes de cadáveres humanos.

O primeiro transplante renal realizouno con éxito total Joseph E. Murray o transplantar un ril entre xemelos vitelinos. Mediante a década dos cincuenta avanzouse a investigación inmunolóxica, sendo en 1958, en Boston, donde se realizou un transplantando de dósis de inmunosupresores. O ril sobrevivíu pero a paciente morreu por causa das infeccións provocadas pola inmunosupresión…

imagen

 

A miña opinión é que grazas a estas persoas que empezaron a realizar transplantes de órganos e tecidos agora sálvanse moitas vidas, que en anos anteriores,non sobrevirían. Realizar transplantes é algo perigoso de moito risco, mais, se a operación sae ben, moitas persoas seguen vivas grazas a estes profesionais e a xente que dona os órganos. Cantos máis xente se faga donante mellor pra a humanidade porque máis xente poderá colaborar e desa maneira salvaranse máis vidas.

 Fontes de información:

 

-Donación y Transplantes de Órganos y Tejidos : páxina da Universidade de Alicante que divulga os transplantes e a doazón de órganos.

Esta entrada foi elaborada no curso 2014-15 por   Michael Pérez

 

Tags: