Bebés de tres pais.

Uns científicos estadounidenses crearon por primeira vez nos anos 90 un neno de dúas nais e un pai, engadindo parte do óvulo dunha nai á doutra, como tratamento de infertilidade. O obxectivo era evitar certas enfermidades xenéticas que se transmiten polo ADN mitocondrial. Ao substituir as mitocondrias “alteradas” dos óvulos por outras dunha doante sa, asegúrase que o neno naza tamén san.

 

 

As mitocondrias son uns orgánulos que xeran toda a enerxía que necesita o organismo para funcionar correctamente. Hérdanse da nai e levan o seu propio material xenético. Nunha mitocondria hai uns 37 xenes dos arredor de 20.000 que hai no xenoma humano. E cada vez está máis claro que esos pequenos orgánulos celulares están implicados na saúde, o envexecemento, a fertilidade, a enerxía, e pode que ata na intelixencia.

 

 

A Cámara dos Comúns británica aprobou neste mes de febreiro unha lexislación que autorizará esta técnica de reprodución asistida que emprega o ADN de tres persoas. Foi aprobada na cámara baixa co voto a favor de 382 diputados fronte a 128 en contra. Creouse así un debate ético e conta coa oposición da Igrexa. Reino Unido convertirase (tras a previsible aprobación na Cámara alta) no primeiro país que da luz verde aos chamados bebés de tres pais, e axudará a cerca de 150 parellas que cada ano perden aos seus bebés por enfermidades mitocondriales.

 

 

Moita xente, na miña opinión, faría mal uso desta técnica, xa que en vez de utilizala co fin de evitar enfermidades, modificarían xeneticamente aos seus fillos para que tivesen unha serie de caracteres. Aínda así, paréceme que sería un avance a súa aprobación xa que habería menos xente enferma nun futuro. Polo tanto, a pregunta é, se a técnica é segura, ¿é interesante poder equipar aos nosos fillos coas “mellores mitocondrias” se lles van a axudar a estar máis sans e a ser máis lonxevos?

 

imagen

Infografía animada: funcionamento da técnica dos tres país xenéticos.

 Fontes:

  • www.kindsein.com , revista dixital de reportaxes, normalmente baseados na infancia (de ahí o seu nome en alemán que significa “ser neno”). O artigo está baseado no de Nick Lane do NewScientist, unha revista científica dixital na que tes que subscribirte en inglés.
  • elpais.com , xornal dixital (artigo de Pablo Guimón e Jaime Prats)
  • Foto: sociedad.elpais.com

Esta entrada foi elaborada no curso 2014-15 por Nara González

     

    Tags: , ,