Os medicamentos como un negocio.

Medicamentos e negocio son dúas palabras que, unidas, camiñan cara ao abismo da dobre moral. Por un lado, encontrámonos co deber de poñer a ciencia ao servizo da saúde; por outro lado, é un negocio, o cal é a terceira industria máis importante do mundo.

O negocio da industria farmacéutica xérase grazas á exclusividade. Os enfermos pasan a ser consumidores e as empresas farmacéuticas regulan a súa política de prezos segundo os seus obxectivos económicos e poucas veces, segundo as necesidades da poboación. Ese é o principal problema das enfermidades nos países do terceiro mundo: existen os pacientes pero non os consumidores con suficiente capacidade económica.

Outro problema neste setor é a invención de enfermidades. Por exemplo, ter o colesterol alto é un factor de risco de sufrir unha enfermidade coronaria, pero non é unha enfermidade. Tamén é un exemplo a fobia social (o medo a falar en público, que é algo natural). Primeiro inventaron os ansiolíticos, e logo, crearon esta pseudoenfermidade.

Así pois, non hai dúbida de que as empresas farmacéuticas buscan o maior beneficio económico, ao igual que o resto das empresas (case o 90% do presuposto destas poderosas industrias destínanse á investigación e desenvolvemento de novas drogas, mentres que só o 10% persegue o interese de atender os problemas de saúde). O 80% da facturación do sector farmacéutico en España repártese entre dez das principais multinacionais do sector. En sétimo lugar da lista sitúase a primeira compañía de orixe española, Laboratorios Esteve.

Na miña opinión, o incentivo da investigación de fármacos non debería ser económico, senón poder axudar a persoas que realmente necesiten tratamentos contra as enfermidades que padezan. Un bo exemplo é Jack Andraka, un xoven de 16 anos que ideou un sistema de detección de cáncer de páncreas 168 veces máis rápido e 26.000 veces máis barato, xa que perdeu a un ser querido, o que lle deu a motivación necesaria.

 imagen

Fontes

  • Topia.com.ar , páxina web na que se publican artigos de psicoanálisis, sociedade, cultura… (artigo de Pedro Rivera Ramos).
  • Huffingtonpost.es , páxina web de noticias e actualidade (o autor do artigo é Santiago Ferrada).
  • Cincodias.com , páxina web de noticias e actualidade (o artigo é un estudo elaborado por Deloitte).

Esta entrada foi elaborada no curso 2014-15 por Nara González

     

    Tags: , ,