Dolly , unha ovella especial.

 

imagen

Dolly a ovella, como primeiro mamífero en ser clonado dunha célula adulta, é dabondo o clon máis famoso do mundo. No entanto, a clonación existiu na natureza desde os albores da vida. Desde as bacterias asexuales ás ‘aves virxes’ en pulgones.

Antes de Dolly, xa se produciron varios clons no laboratorio, incluídos sapos, ratos e vacas que se clonaron dunha célula adulta mais este foi o maior logro científico xa que demostrou que o ADN de células adultas, a pesar de especializarse nun só tipo de célula, pode usarse para crear un organismo enteiro.

Dolly foi en realidade unha ovella resultado dunha combinación nuclear desde unha célula doante diferenciada a un óvulo non fecundado e anucleado (sen núcleo). A célula da que viña Dolly era unha xa diferenciada ou especializada, procedente dun tecido concreto, a glándula mamaria, dun animal adulto (unha ovella Fin Dorset de seis anos), o cal supuña unha novidade. Até ese momento críase que só se podían obter clons dunha célula embrionaria, é dicir, non especializada.

Como se clonou Dolly ?

Para fabricar a Dolly, os investigadores usaron unha célula de ubre dunha ovella branca da raza Finn Dorset de seis anos de idade. Tiveron que atopar un modo de ‘reprogramar’ as células de ubre para mantelas vivas sen que crecesen. Conseguírono alterando o seu medio de crecemento (a ’sopa’ na que as células se mantiñan vivas). Entón inxectaron a célula nun óvulo non fecundado ao cal se lle eliminou o núcleo, e fixeron que as células se fusionasen mediante pulsos eléctricos. O óvulo non fertilizado proveu dunha ovella femia escocesa de face negra. Cando o equipo de investigación conseguiu que se fusionasen o núcleo da ovella branca adulta co óvulo da ovella de face negra, tiveron que asegurarse que a célula resultante desenvolveríase como embrión.

O 14 de febreiro de 2003, Dolly foi sacrificada debido a unha enfermidade progresiva pulmonar. Pénsese que un animal da raza Finn Dorset como era Dolly ten unha expectativa de vida de preto de 11 a 12 anos, pero Dolly viviu só seis anos e medio. A necropsia mostrou que tiña unha forma de cancro de pulmón chamada Jaagsiekte, que é unha enfermidade de ovellas, e está causada polo retrovirus JSRV.5 Os técnicos de Roslin non puideron certificar que haxa conexión entre esa morte prematura e o ser clon, pois outras ovellas da mesma manda sufriron e morreron da mesma enfermidade

Na miña opinión, a clonación de Dolly supuxo un gran avance científico pero que motivou reaccións contrarias a ela. Pronto se abriu un controvertido debate ético no que se chegou a cualificar ao proceso como unha «profanación da xenética». Algúns mesmo chegaron a afirmar que se abriu a veda ao «duplicado» de persoas, aínda que outros vían nela a porta aberta a unha gran cantidade de posibilidades médicas.

 

 

http://cdn.algarabia.com/wp-content/uploads/2013/07/clonacion-interior1.jpg?9dec4a

Fontes:

Portal planeta sedna. Páxina arxentina de divulgación científica

http://www.portalplanetasedna.com.ar/dolly.htm

Wikipedia. Enciclopedia virtual :http://es.wikipedia.org/wiki/Oveja_Dolly

Imagen 1 : http://k12.kn3.net/taringa/4/1/6/4/3/6/2/pollardino/D9F.jpg?7244

Imagen 2: http://muerte.bioetica.org/images/ap29_h1.gif

Esta entrada foi elaborada no curso 2014-15 por   Christopher Vázquez

 

Tags: ,