Un trastorno bipolar. Agora si, despois non?

Explicación:

O trastorno bipolar e unha grave enfermidade do cerebro. Tamén chamada enfermidade maníaco-depresiva. Os que sofren de trastorno bipolar experimentan cambios de ánimo inusuais. As veces séntense moi felices e “animados” e moito mais activos que de costume. Isto chamase manía. E as veces os que sofren de trastorno bipolar séntense moi tristes e “deprimidos” e son moito menos activos. Isto chamase depresión. O trastorno bipolar tamén poden provocar cambios na enerxía e no comportamento.

imagen

Imaxe sacada de mentalclinic

 O trastorno bipolar non e o mesmo que os altibaixos que experimentan todas as persoas. Os síntomas bipolares son máis potentes. Poden danar as relacións entre persoas e facer que sexa máis difícil ir a escola ou conservar o emprego. Tamén poden ser perigosos. Algunhas persoas que sofren trastorno bipolar tentan facerse dana ou incluso suicidarse.

Os que sofren trastorno bipolar poden obter tratamento. Con axuda poden mellorar e levar vidas exitosas.

Síntomas:

Os cambios no estado de ánimo bipolares chámanse “episodios anímicos”. As persoas poden ter episodios maníacos, depresivos, o “mixtos”. Un episodio mixto inclúe síntomas tanto maníacos como depresivos. Estes episodios anímicos provocan síntomas que duran unha ou dúas semanas as veces máis. Durante un episodio, os síntomas que preséntanse todos os días durante a maior parte do día.

Os episodios anímicos son intensos. As emocións son fortes e ocorren xunto cos cambios extremos nos niveis de comportamento e enerxía.

Tratamento:

O tratamento do trastorno bipolar pódese dividir en tres fases ou etapas:

- Tratamento en fase aguda: dirixido a resolver o episodio agudo da enfermidade.

- Tratamento de continuación: dirixido a consolidar os resultados do tratamento da fase aguda.

- Tratamento de continuación: dirixido a previr futuros episodios.

· Modalidades do tratamento:

Farmacolóxico: necesario e insubstituíble para todos os pacientes.

Educativo: consiste en axudar os pacientes e familiares a recoñecer, manexar e evitar complicacións.

Psicoterápico: dirixido a resolver problemas e afrontar o estrés. Nunca substitúe o tratamento farmacolóxico

Historia persoal de Xaime e o trastorno bipolar:

Fai catro meses, Xaime descubriu que tiña trastorno bipolar. Sabía que era unha enfermidade grave, pero sentiuse aliviado o descubrilo, pois tivo síntomas durante anos pero ninguén sabía porque. Agora está recibindo tratamento e séntese mellor.

A miúdo Xaime sentíase moi triste. De neno non ía a escola e quedaba en cama cando se sentía deprimido. Noutras ocasións sentíase moi feliz. Falaba rápido e pensaba que podía facer calquera cousa. Xaime viviu moito tempo así, pero o ano pasado as cousas cambiaron. O seu traballo volveuse moi estresante. Sentía que tiña un maior número de altibaixos. A súa esposa e os seus amigos querían saber que era o que lle pasaba, pero el díxolles que o deixasen en paz e que todo estaba ben.

Unhas semas despois, Xaime non puído levantarse da cama. Sentíase moi mal, e o malestar duroulle varios días. Entón a súa esposa levouno ver o  médico da familia, quen o mandou ver un psiquiatra. Falou co psiquiatra acerca de coma se sentía. Axiña Xaime puido ver que os seus altibaixos eran graves. Diagnosticáronlle trastorno bipolar e pouco despois comezou co tratamento.

Na actualidade Xaime toma medicamentos e asiste a terapia de diálogo. O principio o tratamento foi difícil e levou tempo, pero agora regresou o seu traballo. Os seus cambios de ánimo son máis fáciles de manexar e novamente estase a divertir cos seus coñecidos.

Conclusión:

Por desgraza ésta e unha desas enfermidades que a día de hoxe non se poden evitar e que traen uns riscos no ámbito tanto persoal como social da persoa de elevada magnitude. Penso que a enfermidade ademais de ser tratada da maneira citada anteriormente, deberíase de afrontar doutro modo. As persoas (amigos, familiares, coñecidos…) que estean en contacto cunha persoa con trastorno bipolar e sexan coñecedores do problema que ten deberían de buscar a maneira de facer que o “enfermo” se adapte máis o ámbito que o rodea aínda que teñan que facer un pequeno esforzo por cambiar algo.

Esta enfermidade incurable por desgraza pode causar o suicidio e penso que é mellor que os seus seres queridos busquen a maneira de axudar que unicamente se preocupen de darlle medicamentos, mandalo ao psicólogo e, en definitiva doutores que é probable que non teñan ningunha relación co enfermo.
Fontes:

http://www.nimh.nih.gov/health/publications/espanol/trastorno-bipolar-facil-de-leer/index.shtml

(Páxina web pertencente o Instituto Nacional de Saude Mental)

http://www.bipolarweb.com/Articulos/trastornobip.htm

(Páxina web editada por psicólogos e psiquiatras que escriben acerca do trastorno bipolar)

Esta entrada foi elaborada no curso 2014-15 por   Telmo Barbosa

 

Tags: , ,