A xenética.

                                              imagen

                                                           Fonte: http://www.abc.es/Media/201402/14/cromosoma-x–644×362.jpg

   ¿Que é a xenética? 

A xenética é o estudo da herdanza, o proceso no cal un pai lle transmite certos xenes aos seus fillos. A aparencia dunha persoa (estatura, cor do cabelo, de pel e dos ollos) está determinada polos xenes. Outras características afectadas pola herdanza son: a probabilidade de contraer certas enfermidades, as capacidades mentais e os talentos naturais.

 O principio da xenética.

Gregor Mendel deixou sentadas as bases da xenética moderna coa publicación en 1865 das súas primeiras investigacións. A historia da xenética reiniciouse en 1900 co descubrimento dos seus traballos. Desde entón os avances foron moi rápidos. A xenética molecular encargouse de corroborar a hipótese de Mendel da existencia duns elementos, os xenes, que transportarían a herdanza de xeración en xeración. En 1953, os biólogos Watson e Crick desentrañaron a  natureza química do xene ao proporen un modelo de esrtutura para o  ADN.

¿Que é un xene?

O xene é a unidade fundamental de herdanza, formada por un fragmento de ADN que determina un carácter. O fluxo, da información xenética, comeza cando o ADN se replica e transmite a información nel contida ao ARN a través do proceso de transcrición, e acábase cando o ARN, mediante o proceso da tradución, controla directamente a síntese de proteínas. Para gardar e transmitir a información xénica existe un complicado conxunto de sistemas que se encarga de asegurar a integridade da molecula de ADN.

O avance en xenética facilitou o estudo da reprodución dos seres vivos, e na miña opinión foi un avance extraordinario. Grazas a isto hoxe podemos saber como se transmiten as características biolóxicas, físicas, de apariencia ou ata de personalidade dos seres humanos.

 

  Fontes:

-MedlinePlus: Biblioteca Nacional de Medicina de EE.UU.

-Instituto de Medicina Genética.

-Biblioteca de consultas. A aula na casa: Ciencias Naturais., 2006, España,  Editorial: Centro Editor PDA, S.L.

Esta entrada foi elaborada no curso 2014-15 por   Natalia Faro

 

Tags: