Ollo Biónico
Pode un cego recuperar a vista? É posible?
-Pois grazas a un equipo de científicos liderados por Raymond Lezzi Jr. da clínica ” Mayo” en Rochester ( EE.UU), xa é posible. Raymond eo seu equipo desenvolveron un implante de ollo biónico capaz de ver os contornos dos obxectos e das persoas.
Como funciona?
-O ollo biónico implantado nun individuo envía sinais de ondas luminosas directamente ao nervio óptico. Isto, xunto cun pequeno chip colocado na parte posterior do ollo con varios electrodos que ofrecen 60 puntos de estimulación provocaron o milagre. O dispositivo completase cunhas lentes que ten unha cámara na ponte do nariz e retrasmiten as imaxes a un pequeno ordenador axustado no cinto como un pequeno móbil. As imaxes son procesadas e transmitidas como información visual a partir deste pequeno ordenador ao implante. O implante interpreta as imaxes e os transmite para a retina . Finalmente pasan da retina ao cerebro producindo a visión no individuo. Ainda que só poderá reconstruír detalles de escenarios e obxectos, mellorará a súa calidade de vida.
Xa foi probado en alguén?
Si. Probouse nunha persoa , un home cego dende fai 10 anos por mor dunha enfermidade dexenerativa chamada retinite pigmentosa. Esta enfermidade hereditaria causa a dexeneración das células específicas na retina e pode causar que algunhas persoas perden completamente a vista. O paciente púxose en mans dos científicos para probar un novo dispositivo chamado “ Second Sight” que prometeulle unha visión artificial (diferente do que estamos afeitos a ver cos ollos sans). Actualmente xa está na man de quen queira ou poda.
Eu creo que o ollo biónico é un claro exemplo do avance da saúde a través da ciencia e da tecnoloxía. Aínda que agora este proceso é caro e algunhas persoas non poden pagalo, penso que en poucos anos, será un proceso máis barato xa que non será unha novidade como agora.
FONTES DE INFORMACIÓN
Texto:
- http://www.2-sight.com/ Páxina web médica, dedicada a investigación , fabricación e comercialización do ollo biónico
- http://www.muyinteresante.es/innovacion/medicina/articulo/un-ojo-bionico-restaura-la-vista-a-un-invidente-961424865132 Revista con noticias sobre ciencia, natureza e tecnoloxía
Imaxe:
Esta entrada foi elaborada no curso 2014-15 por Eduardo Fortes
Tags: ciencia, investigación médica, Saúde