A ética médica.

 

imagen

Ética é a parte da filosofía que trata sobre a moral e as obrigas do home. A moralidade é relativa as accións ou carácteres das persoas dende o punto de vista da bondade ou maldade. É o que non pertence ao reino dos sentidos ou a física, senón a comprensión, a conciencia ou o espiritual. A ética médica (conxunto de principios morais e as regras que rexen os coidados médicos) é o comportamento base necesario e as relacións interpersoais establecidas entre un médico (sabedor, actor experimentado e competente) e un paciente (obxecto e suxeito, ou tempo orgánico social e persoal). A compaixón, definida como a comprensión e preocupación pola angustia doutra persoa é esencial para a práctica da medicina. Para resolver os problemas do paciente, o médico debe identificar os síntomas e as súas causas e debe axudar a acadar o seu alivio. Os pacientes responden mellor au tratamento, se o médico aprecia os seus problemas etrátaos a eles, e non centrarse tanto na súa enfermidade.

Espérase e esixese aos médicos un grao de competencia moi alto. A falta de competencia pode supor a morte
ou unha enfermidade grave para o paciente. O igual que a ética médica pode cambiar, e faino, co tempo, en resposta aos avances da ciencia e tecnoloxía médicas e os valores da sociedade, tamén varía segundo o país dependendo destes mesmos factores. Por exemplo, sobre a eutanasia existe unha gran diferenza de opinión entre as asociacións médicas nacionais. Algunhas condénana, pero outras son neutrais e polo menos unha, a Asociación Médica de Holanda, acéptaa baixo certas condicións. Así mesmo, sobre o acceso á atención médica algunhas asociacións nacionais apoian a igualdade de todos os cidadáns, mentres que outras están dispostas a tolerar grandes desigualdades. Nalgúns países, existe grande interese nos problemas éticos que formula a tecnoloxía médica avanzada, entanto, que os países que non teñen acceso á devandita tecnoloxía non teñen eses problemas. Os médicos nalgúns países confían en que os seus gobernos non os forzarán a facer algo antiético, mentres que noutros países pode ser difícil para eles cumprir coas súas obrigas éticas, como por exemplo, manter a confidencialidade dos pacientes fronte as esixencias da policía ou do exército.
Unha serie de estudos publicados en The Journal of the American Medical Assotiation (JAMA), unha das máis prestixiosas revistas médicas do mundo, viñan a demostrar que os erros médicos ao receitar un medicamento poden xerar altos riscos para os pacientes así como un aumento desmesurado do gasto sanitario.

Na miña opinión, estes erros son por falta de atención ou interese do medico na enfermidade do paciencte, xa que, aplicando a ética médica, debe preocuparse polo alivio deste e amainar as súas doenzas. Pero dualidade de opinións entre médicos, ou simplemente por ordes de superiores, moitos dos protocolos, ou mesmo partes da ética médica, sáltanse para aforrar tempo, ou custos. Como por exemplo evitar realizar certas probas, para aforrar o que estas costan, especulando que son innecesarias. Ademais, a falta de investimento por parte do goberno, fais máis complicada esta tarefa de atemción e completo cuidado dos pacientes.

Fontes: Etica medica.

A imaxe procede do blogue de Antonio Peláez Chillón.

 Esta entrada foi elaborada no curso 2014-15 por Cristian Lamas

 

Tags: , ,