ADN e ARN

imagen

ADN ou Ácido DesoxirriboNucleico

O ADN ou Ácido DesoxirriboNucleico. É o tipo de molécula máis complexa que se coñece. A súa secuencia de nucleótidos contén a información necesaria para poder controlar o metabolismo dun ser vivo. O ADN é o lugar onde reside a información xenética.

Estructura primaria:

As bases nitroxenadas que se achan formando os nucleótidos de ADN son Adenina, Guanina, Citosina e Timina. Os nucleótidos únense entre si mediante o grupo fosfato do segundo nucleótido, que serve de ponte de unión entre o carbono 5′ do primeiro nucleótido e o carbono 3′ de seguinte nucleótido.

Estructura secundaria:

É unha estrutura en dobre hélice. Permite explicar o almacenamento da información xenética e o mecanismo de duplicación do ADN. É unha cadea dobre, dextroxira ou levógira, segundo o tipo de ADN. Ambas as dúas cadeas son complementarias, pois a adenina dunha se une á timina da outra, e a guanina dunha á citosina da outra. Ambas as dúas cadeas son antiparalelas, pois o extremo 3 ´ dunha enfróntase ao extremo 5 ´ da outra.

Estructura terciaria:

 O ADN é unha molécula moi longa nalgunhas especies e, non obstante, nas células eucarióticas encóntrase aloxado dentro do minúsculo núcleo. Cando o ADN se une a proteínas básicas, a estrutura compáctase moito.

As proteínas básicas son Histonas ou Protaminas.

Desnaturalización do ADN


Cando a temperatura alcanza o punto de fusión do ADN, a axitación térmica é capaz de separar as dúas febras e producir unha desnaturalización. Este é un proceso reversible, xa que ao baixar a temperatura se pode producir unha renaturalización. Neste proceso rompen as pontes de hidróxeno que unen as cadeas e prodúcese a separación destas, pero non rompen os enlaces fosfodiester covalentes que forman a secuencia da cadea.

ARN ou Ácido RiboNucleico


O Ácido RiboNucleico está constituído pola unión de nucleótidos formados por unha pentosa, a Ribosa, un bases nitroxenadas, que son Adenina, Guanina, Citosina e Uracilo. Non aparece a Timina.

Os nucleótidos únense formando unha cadea cunha ordenación na que o primeiro nucleótido ten libre o carbono 5′ da pentosa. O último nucleótido ten libre o carbono 3′. Por iso, dise que a ordenación da secuencia de nucleótidos vai dende 5′ a 3′ (5′ a 3′).

ARN mensaxeiro (ARNm):

ARN lineal, que contén a información, copiada do ADN, para sintetizar unha proteína. Fórmase no núcleo celular, a partir dunha secuencia de ADN. Sae do núcleo e asóciase a ribosomas, onde se constrúe a proteína. A cada tres nucleótidos (codon) corresponde un aminoácido distinto.

ARN ribosómico (ARNr):

O ARN ribosómico, ou ribosomal, unido a proteínas de carácter básico, forma os ribosomas. Os ribosomas son as estruturas celulares onde se ensamblan aminoácidos para formar proteínas, a partir da información que transmite o ARN mensaxeiro.

ARN transferente (ARNt):

O ARN transferente ou soluble é un ARN non lineal. Nel pódense observar tramos de dobre hélice intracatenaria, é dicir, entre as bases que son complementarias, dentro da mesma cadea. Esta estrutura estabilízase mediante pontes de Hidrógeno.

Ademais dos nucleótidos de Adenina, Guanina, Citosina e Uracilo, o ARN transferente presenta outros nucleótidos con bases modificadas. Estes nucleótidos non poden emparellarse, e a súa existencia xera puntos de apertura na hélice, producindo bucles.

ARN heteronuclear (ARNhn):

O ARN heteronuclear, ou heteroxéneo nuclear, agrupa a todos os tipos de ARN que acaban de ser transcritos (pre-ARN). Son moléculas de diversos tamaños. Este ARN encóntrase no núcleo das células eucarióticas.

Información:

http://recursos.cnice.mec.es/biosfera/alumno/2bachillerato/biomol/contenidos19.htm Proyecto Biosfera, Blog

http://es.wikipedia.org/wiki/%C3%81cido_desoxirribonucleico Wikipedia, Web

Imaxe: http://www.inteldig.com/wp-content/uploads/2013/10/estructura-adn-hito-historia-1024×576.jpg

Esta entrada foi elaborada no curso 2014-15 por  Brais González Rodríguez

 

Tags: , , ,