A batería de aluminio que se recarga nun só minuto.

Un novo dispositivo desenvolvido por un equipo de científicos da Universidade de Stanford (EE.UU.) podería revolucionar o mundo da electrónica e dos dispositivos móbiles. Trátase dunha batería de ion de aluminio capaz de soportar 7.500 ciclos de carga (fronte aos 1.000 ciclos das baterías tradicionais), e restaurar a súa enerxía en apenas un minuto.

Ademais, conta cunhas características moi prometedoras como ser flexible e evitar os riscos de combustión, ser máis barata e formada por un material máis abundante que o litio, como o é o aluminio.

Conta cunha voltaxe de apenas 2 voltios, o que faría necesaria a introdución de dúas baterías nun mesmo móbil (os actuais teñen un requirimento de polo menos 3,6 voltios) ou mellorar o dispositivo actual para poder contar cunha única batería.  A parte de iso, estas baterías de aluminio ao ser máis densas teñen maior peso e volume, o que non necesariamente se traducen a maior autonomía.

Polo momento descoñécese a data de lanzamento a nivel comercial pero o seu éxito, se estas funcionan correctamente, está asegurado debido á demanda de mellores prestacións a nivel de supervivencia de batería nun mundo no que cada vez necesitamos máis que todo sexa inmediato.

Pareceme moi interesante e útil que busquen maneiras de aforrar tempo a hora cargar os dispositivos móbiles, xa que, a estas alturas o das baterías e un crebacabezas para todos nos a hora de precisar o telefono e ter que esperar varias horas a que cargue completamente.

 imagen

Fontes:

Páxina web dunha revista de ciencia e tecnoloxía:

http://www.muyinteresante.es/tecnologia/articulo/una-bateria-que-se-carga-en-un-minuto-491428662266

Páxina web de noticias sobre tecnoloxía:

http://www.neoteo.com/baterias-de-aluminio-que-se-cargan-en-un-minuto/

Páxina web sobre tecnoloxía:

http://www.tec.com.pe/las-nuevas-baterias-de-aluminio-para-smartphones-duraran-7-veces-mas-y-se-cargaran-en-1-minuto/

Esta entrada foi elaborada no curso 2014-15 por  Ana Martínez

 

Tags: ,